HomePontevedraPonte CaldelasAndrés Díaz supera en maio o 168% das multas previstas para todo...

Andrés Díaz supera en maio o 168% das multas previstas para todo o ano mentras incumpre a obriga de que as novas auxiliares da Policía Local patrullen xunto a axentes titulares

- Anuncio -spot_img

· Cando estaba na oposición acusaba ao goberno do PP de querer “coser a multas aos cidadáns” cando se orzamentaban 6.000 euros por sancións mentras el xa supera os 17.600 euros a 31 de maio.

· A normativa indica que os auxiliares deberán ir “acompañados de funcionarios da Policía Local no seu turno de servizo de modo que poidan controlar, complementar e correxir a súa actividade laboral”.

O Partido Popular de Ponte Caldelas volve denunciar o que considera unha desproporción para un concello de 5.600 habitantes o nivel impositivo de sancións de tráfico por parte do alcalde Andrés Díaz. A 31 de maio supera nun 168% o valor estimado de recadación, polo Goberno Municipal, para os orzamentos do 2021. Mentras o rexedor prevía ingresar 12.000 euros leva xa tramitado sancións polo importe total de 17.640 euros.

O voceiro do PPdeG na Corporación Municipal, Antón Xil, amosouse aínda máis sorprendido ao lembrar as declaracións que facía Andrés Díaz cando estaba na oposición e acusaba ao anterior rexedor, Perfecto Rodríguez, de “querer coser a multas aos veciños de Ponte Caldelas” por ter orzamentados tan so 6.000 euros para toda unha anualidade.

AUXILIARES DE POLICÍA LOCAL PATRULLAN SEN A SUPERVISIÓN OBRIGATORIA DE AXENTES FUNCIONARIOS

Por outra banda, estes días comezaron a realiza-las súas funcións dúas auxiliares que teñen a obriga de patrullar na compaña de funcionarios da Policía Local, pero que nembargantes están facendo os seus labores no coche policial sen acompañamento algún. Ante isto o voceiro do PP, lémbralle ao alcalde que a normativa especifica clarísimamente que “deberán ir acompañados de funcionarios da Policía Local no seu turno de servizo de modo que estes poidan controlar, complementar e correxir a súa actividade laboral” polo que podería estarse incumprindo esta cuestión.

O alcalde, que anunciou un aumento das patrullas a horarios de tarde, fins de semana e incluso noites tería graves problemas para adapta-la plantilla actual á normativa vixente enmarcada dentro da Lei de Coordinación de Policías Locais (Lei 4/2007, de 20 de abril) que imposibilitaría o establecementos de quendas de traballo nas que as auxiliares actuaran sen a supervisión directa dun funcionario axente da Policía Local posto que no seu artigo 95 di: “Os auxiliares de Policía local desempeñarán as funcións de apoio e de auxilio aos membros do corpo de Policía local no marco do disposto na lexislación de corpos e forzas de seguridade”.

Ademais, veciños e comerciantes quéixanse estes días de que no concello impera unha actividade recaudatoria excesiva a base de impoñer continuas multas aos cidadáns nunha vila levantada por completo por obras o que está a provocar un incremento desmesurado de sancións e os 17.640 euros en multas tramitadas pola vía administrativa.

O PPdeG considera máis idóneo empregar métodos máis pedagóxicos e preventivos para concienciar á cidadanía que ir directamente a impoñer sancións con claros fins recadatorios empurrado pola dramática situación económica que padecen as arcas municipais. Mentras se dá esta circunstancia o alcalde anunciou hai días a compra dunha motocicleta para favorecer a patrulla dos axentes. Moitos veciños albergan a sospeita de que porá eses novos medios para extender con maior facilidade ese labor sancionador tamén ao entorno rural.

Para o PPdeG “o que está claro é que Díaz atopou pola vía de “coser a multas” unha nova vía de financiamento, doada e rápida para taponar os enormes buracos e falta de liquidez do Concello que tivo que levar a recoñecemento extraxudicial de débeda uns 404.000 euros en facturas sen pagar do ano 2020 e 700.000 euros no exercizo anterior, cun remanente de tesourería que el cifra en 18.000 euros mentras outros concellos similares ou de menor entidade superan o medio millón de euros no seu resultado final”, indicaron os ediles populares.

AS MULTAS BUSCAN UNHA RECADACIÓN URXENTE PARA PAGAR OS SOLDOS DOS EDÍS DO GRUPO DE GOBERNO, O MÁIS CARO DA HISTORIA

O Grupo Municipal do PPdeG reitera o seu apoio á capacidade profesional dos axentes e dos auxiliares pero solicitalle ao alcalde que, en lugar de apostar pola vía sancionadora, que priorice medidas de carácter preventivo e pegadóxico sobre comportamento cívicos incorrectos en lugar de recurrir a medidas sancionadoras e á imposición de multas que o único que busca é recadar pola vía da urxencia os cartos que lle fan falla para seguir pagando os altos salarios que lle concedeu aos seus concelleiros convertendo a este Goberno no máis caro da historia de Ponte Caldelas”.

Publicacións Relacionadas