HomePontevedraBarroA Deputación avanza que destinará 115.000 euros a Barro para financiar integramente...

A Deputación avanza que destinará 115.000 euros a Barro para financiar integramente as obras de saneamento no lugar de Parada, na Portela

- Anuncio -spot_img

O deputado provincial Ricardo Martínez visitou hoxe o concello para anunciar que este mesmo venres se aprobarán estes recursos ao abeiro da liña 1 do Plan +Provincia, que destina en total neste 2025 preto de 500.000 euros a Barro

O deputado provincial Ricardo Martínez visitou hoxe o Concello de Barro, onde anunciou que a Deputación se encargará de financiar integramente as obras de mellora do saneamento no lugar de Parada, na parroquia da Portela. Farao a través dun investimento de 115.726 euros procedentes da liña 1 do Plan +Provincia, da que a Barro lle corresponden un total de 348.679 € neste 2025, que serán aprobados este mesmo venres na Xunta de Goberno do organismo provincial.

O deputado deu conta dos traballos que desenvolverá Barro grazas a estes recursos, que consistirán nunha serie de actuacións para mellorar a rede de saneamento do concello, en concreto no lugar de Parada, na parroquia da Portela, xa que actualmente non existe dita rede, polo que os veciños e veciñas empregan fosas sépticas individuais. Como solución, construirase unha rede de saneamento a través das estradas do núcleo, permitindo así a conexión das vivendas á rede. Ramais que verterá, ademais, nun colector que chegará á EDAR da Portela.

Ricardo Martínez lembrou que no 2025 Barro recibe preto de 500.000 euros a través das catro liñas do Plan +Provincia e, neste eido, enxalzou este programa que “é un exemplo da forma de actuar da Deputación, co municipalismo como bandeira, escoitando aos concellos e dando resposta ás súas necesidades con plans coma este, que nos están a permitir transformar as vilas e pobos con actuacións como a que hoxe anunciamos en Barro, que modernizan o territorio, melloran a calidade de vida da veciñanza e fan que esta provincia avance como nunca antes fixera”.

Publicacións Relacionadas