Home Pontevedra A Lama Luis López informa por carta aos alcaldes e alcaldesas da contorna de...

Luis López informa por carta aos alcaldes e alcaldesas da contorna de Pontevedra que recibirán 8,7 millóns de euros do +Provincia 2025 e do II Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas

- Anuncio -

A Lama, Barro, Caldas de Reis, Campo Lameiro, Cuntis, Marín, Moraña, Poio, Ponte Caldelas, Portas e Vilaboa contarán con estes recursos para construír e mellorar instalacións deportivas ou adquirir novos equipamentos e para obras e servizos de competencia municipal

“Queremos seguir avanzando conxuntamente nun modelo de cooperación e lealdade institucional que permita desenvolver as múltiples potencialidades da provincia”, asegurou o presidente provincial

Os concellos de Barro, Caldas de Reis, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Cuntis, A Lama, Marín, Moraña, Poio, Ponte Caldelas, Portas e Vilaboa recibirán este ano 8,7 millóns de euros para investimentos través do +Provincia da Deputación, o plan de obras e servizos de competencia municipal, do que lles corresponden máis de 7,4 millóns de euros, e do II Plan de Infraestruturas Deportivas, con 1,3 millóns. O presidente Luis López explicou que onte se dirixiu por carta aos alcaldes e alcaldesas da zona para informarlles da asignación dos recursos de ambos plans, así como do Plan Extra. “Queremos seguir avanzando conxuntamente nun modelo de cooperación e lealdade institucional que permita desenvolver as múltiples potencialidades da provincia”, asegurou o presidente provincial, que lembrou ademais que “se 2024 foi o ano no que puxemos as bases do proxecto municipalista, en 2025 imos bater récords de apoio aos pequenos e medianos concellos cando máis se precisa”.

para investimentos través do +Provincia da Deputación, o plan de obras e servizos de competencia municipal, do que lles corresponden máis de 9 millóns de euros, e do II Plan de Infraestruturas Deportivas, con preto de 1,7 millóns. O presidente Luis López explicou que onte se dirixiu por carta aos alcaldes e alcaldesas da zona para informarlles da asignación dos recursos de ambos plans, así como do Plan Extra. “Queremos seguir avanzando conxuntamente nun modelo de cooperación e lealdade institucional que permita desenvolver as múltiples potencialidades da provincia”, asegurou o presidente provincial, que lembrou ademais que “se 2024 foi o ano no que puxemos as bases do proxecto municipalista, en 2025 imos bater récords de apoio aos pequenos e medianos concellos cando máis se precisa”.

No caso dos concellos da contorna de Pontevedra, os 7.460.662 euros que recibirán os seus concellos permitirán destinar ata 5,2 millóns de euros a novos investimentos, 619.235 euros a gasto corrente, 1,43 millóns de euros a fomentar o emprego e 186.516 euros a proxectos transformadores relacionados coa mobilidade. Para facilitar a xestión dos recursos, o Plan +Provincia permite flexibilizar o traspaso de crédito entre liñas, de tal forma que poderá traspasarse o 100% das liñas 2,3 e 4 á liña 1; ata o 60% da liña 3 á liña 2; e entre o 30% e con carácter extraordinario ata o 50% da liña 1 á liña 2 de acordo cos requisitos establecidos nas bases publicadas o pasado mércores no Boletín Oficial da Provincia. Ademais, tamén se incorpora por vez primeira o criterio de reto demográfico para ponderar o impacto do envellecemento e a perda de poboación nos últimos dez anos.

Tendo isto en conta, A Lama recibirá 586.641 euros, Barro 498.170 euros, Caldas de Reis 792.807 euros, Campo Lameiro 462.006 euros, Cuntis 633.208 euros, Marín 1.109.449 euros, Moraña 550.262 euros, Poio 1.156.798 euros, Ponte Caldelas 648.295 euros, Portas 444.886 euros e Vilaboa 578.662 euros.

II Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas
Por outra banda, o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas ascende nesta edición a 8 millóns de euros, o dobre que na pasada, aos que poden optar todos os concellos da provincia agás Pontevedra e Vigo, que se rexen por convenios específicos. As bases do plan establecen que os recursos serán distribuídos nunha parte fixa a repartir entre os concellos (4,42 millóns de euros) e noutra variable en función da poboación (3,57 millóns de euros). Deste xeito, o concello da Lama pode beneficiarse de ata 90.859 €, o de Barro ata 97.977 €, Caldas de Reis 135.542 €, Campo Lameiro 85.843 €, Cuntis 103.629 €, Marín 227.281 €, Moraña 100.966 €, Poio 183.856 €, Ponte Caldelas 109.947 €, Portas 92.766 € e Vilaboa 112.446 €. Con estes fondos poderán construír novas instalacións e espazos públicos de uso deportivo, incluídas as cubertas destes espazos; modernizar, remodelar ou mellorar as instalacións deportivas; dotar de equipamentos ou material deportivo estas instalacións; ou adquirir terreos destinados a uso deportivo.

As bases do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas contemplan que os concellos terán tres meses dende a publicación da convocatoria para presentar os proxectos de orzamentos destas actuacións deportivas, que deberán ser superiores aos 20.000 euros ou, no caso da compra de material, un mínimo de 6.000 euros. Ademais, os investimentos deberán estar executados na súa totalidade o 30 de abril de 2025 e as axudas son compatibles con outras subvencións, polo que os Concellos poderán contar con achegas doutras administracións sen que a contía do organismo provincial se vexa reducida.

Relacionadas

O BNG da Estrada mantén un encontro do sector da mazá do concello

0
Xoán Reices: “Este sector axuda a manter vivo o noso rural e neste sentido na nosa organización cremos que debemos dar apoio e botar...

Comeza a construción da pista multidisciplinar e do auditorio ao aire libre en Figueirido

0
O Concello de Vilaboa inviste no parque do Canaval 264.166 euros para crear en seis meses unha gran área de ocio e esparcemento para...

A Biblioteca Municipal superou os 18 mil préstamos en 2024, un 25% máis que...

0
A Biblioteca Municipal de Tui prestou ao longo do ano 2024 18.279 libros, o que supón un incremento do 25% con respecto 14.536 que...

Bueu acolle este domingo a regata IX Memorial Pepe O Ruso

0
• O campionato arrancará ás 11.30 horas dende o peirao co récord de participación de 36 embarcacións • Por categorías, haberá 10 barcos na feminina,...

A vicepresidenta Luisa Sánchez visita a Fundación Provincial do Banco de Alimentos de Vigo

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, visitou hoxe a sede que a Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo ten na cidade...

A Xunta adxudica por máis de 2 M€ a construción dunha nova estación depuradora...

0
— Ángeles Vázquez explica que, unha vez adxudicado o contrato de construción, a previsión é que as obras comecen antes de que remate o...

Publicacións Relacionadas