Free Porn
xbporn
Home Pontevedra Ponte Caldelas O BNG leva ao parlamento a reconstrución do Campo da Chan da...

O BNG leva ao parlamento a reconstrución do Campo da Chan da Barcia con materiais naturais en substitución do caucho granulado

- Anuncio -

A iniciativa presentada por Luís Bará propón que a Xunta “colabore co concello de Ponte Caldelas para levar a cabo a reconstrución do campo de fútbol da Chan da Barcia desbotando o uso de caucho granulado e utilizando recheos feitos con materiais naturais, como a cortiza ou a fibra de coco”
A iniciativa presentada polo deputado nacionalista Luís Bará tamén propón que se estude a reubicación do campo de fútbol e a revisión do mapa de zonas inundábeis

Ponte Caldelas, 23 de maio de 2024. O BNG presentou no Parlamento unha batería de iniciativas relacionadas co proxecto de reconstrución do campo de fútbol de herba sintética da Chan da Barcia, logo de que unha enchente do río Verdugo destrozase as instalacións e arrastrase 30 toneladas de recheo de caucho granulado ao cauce do río Verdugo con afección tamén á ría de Vigo.

Cómpre ter en conta que o caucho granulado está fabricado no 100% a partir de pneumáticos e ten na súa composición hidrocarburos aromáticos policlínicos e outras substancias contaminantes para o medio e o ser humano. Por esta razón, a Unión Europea prohibiu usar este material en instalacións lúdicas e deportivas a partir do ano 2031.

Malia estes antecedentes e a repetición de episodios de enchentes no río Verdugo, o concello de Ponte Caldelas licitou a reconstrución do campo coas mesmas características técnicas e a mesma ubicación da anterior instalación. Esta tramitación baséase no feito de que os terreos do Campo da Chan da Barcia están situados fóra da zona de perigo nos Mapas de perigosidade e risco de inundacións das Áreas de Risco Potencial Significativo de Inundación (ARPSIs) da demarcación Galicia-Costa.

Mais a realidade é que nos últimos 10 anos o campo de fútbol de Chan da Barcia inundouse polo menos tres veces (16 de outubro de 2014, 8 de xaneiro de 2016 e 4 de novembro de 2023), con danos importantes nas dúas últimas ocasións.
Tendo en conta estes feitos, o BNG presentou por medio do deputado Luís Bará as seguintes propostas para a aprobación na comisión de medio ambiente do parlamento galego

– Colaborar co concello de Ponte Caldelas para levar a cabo a reubicación do campo de fútbol da Chan da Barcia fóra da zona inundable, e a recuperación do perfil natural do territorio fluvial, aumentando deste xeito a zona de expansión do río e diminuíndo os riscos e danos por enchente na propia localidade de Ponte Caldelas
– En caso de que non sexa viábel o traslado das instalacións, colaborar co concello de Ponte Caldelas para levar a cabo a reconstrución do campo de fútbol da Chan da Barcia desbotando o uso de caucho granulado e utilizando recheos feitos con materiais naturais, como a cortiza ou a fibra de coco, que xa se están utilizando en equipamentos deportivos de herba sintética.
– Iniciar o procedemento para a revisión do Mapa de perigosidade e risco de inundacións das Áreas de Risco Potencial Significativo de Inundación (ARPSIs) da demarcación Galicia-Costa, para incluir os terreos de Chan da Barcia en Ponte Caldelas nas zonas de perigo e na área de asolagamento con retorno de 500 anos.

Relacionadas

O Concello de Nigrán estrea este sábado un roteiro sobre o célebre arquitecto galego...

0
O Concello o encadra na súa programación cultural para festexar o 150 aniversario do seu nacemento ao supor o Templo Votivo unha das súas...

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

Os alcaldes da Guarda, Caminha e O Rosal reuníronse para debater sobre a futura...

0
Os tres responsables dos concellos que constitúen a “Eurocidade da Foz do Miño” reuníronse esta semana en Caminha. Rui Lages (Caminha), Roberto Carrero (A...

Bosnia-Herzegovina, Chile, Uruguai e Italia protagonizan a Noite Internacional do Miño

0
A cita será o próximo martes, 30 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns O folclore máis internacional darase cita o...

A Biblioteca Municipal de Tui incrementou nun 30% os préstamos no primeiro semestre de...

0
Nos seis primeiros meses do ano máis de 9 mil libros foron retirados para a lectura a domicilio. Incorporáronse case 600 novos exemplares Significativo incremento...

A “Festa da Bicicleta” dentro dos actos da XXIX Festa da Lamprea

0
Aberta inscrición da Festa da Bicicleta que terá lugar o o domingo 11 de agosto dentro dos actos que organiza o Concello co Gallo...

Publicacións Relacionadas