Home Pontevedra Poio O concello contempla a aprobación inicial da nova ordenanza reguladora da ocupación...

O concello contempla a aprobación inicial da nova ordenanza reguladora da ocupación da vía pública para antes de que remate o ano

- Anuncio -

• O documento servirá para garantir a compatibilidade do uso de espazos públicos para o establecemento de instalacións comerciais, turísticas ou hostaleiras coa circulación e o tránsito peonil e de vehículos, ao tempo que se garante o respecto pola contorna

• O concelleiro de Patrimonio e Facenda, Xulio Barreiro (BNG), informa de que o borrador será exposto na Sede Electrónica, no portal de Transparencia, para que a cidadanía poida consultalo e realizar achegas, antes de levar a Pleno a súa aprobación inicial

O Concello de Poio avanza na tramitación da nova ordenanza da ocupación de vía pública, que servirá para garantir a compatibilidade do uso en espazos públicos para o establecemento de instalacións turísticas, comerciais, hostaleiras ou de lecer, ao tempo que se garante o tránsito peonil e de vehículos, garantindo o respecto pola contorna. Este foi un dos temas abordados na Comisión de Facenda celebrada este mércores, na que, tal e como explica o concelleiro responsable de Facenda e Patrimonio, Xulio Barreiro (BNG), fíxoselles entrega a todos os grupos dun borrador inicial, co obxectivo de “aprobar un documento definitivo baseado no consenso e coa posibilidade de que toda a Corporación poida realizar as achegas que considere axeitadas para facer unha ordenanza o máis completa posible”.

Ademais, Barreiro tamén adiantou que o borrador poderá ser consultado pola cidadanía a través da Sede Electrónica do Concello. “Permanecerá exposto no apartado de Transparencia durante dez días hábiles, para que as persoas interesadas tamén poidan realizar as súas propostas”, indicou. Unha vez completado este paso, continuarase traballando no documento. O concelleiro de Facenda e Patrimonio confía en que a ordenanza poida ser ser aprobada inicialmente polo Pleno antes de que remate o ano.

“Nos últimos anos produciuse un incremento da demanda do uso de espazos públicos por parte de establecementos comerciais. Debemos dar resposta a esta demanda, garantindo que, ao mesmo tempo, non se produzan problemas de circulación, accesibilidade, tránsito e mesmo ruídos”, apunta Barreiro Lubián, que explica que o regulamento contemplará cuestións como a determinación dos espazos a ocupar, así como o período de tempo e horarios de tempo, ademais de definir os criterios da ocupación e o réxime de sancións que se aplicará no caso de incumprimento.

O concelleiro de Facenda e Patrimonio adianta, ademais, que nas vindeiras semanas organizaranse reunións en diferentes puntos do municipio, co obxectivo de dar a coñecer os detalles do borrador entre a veciñanza e o sector.

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

O PP négase a informar ao Parlamento sobre un novo concerto co Ribera-Povisa e...

0
Montserrat Prado denuncia a “total opacidade” do Goberno galego sobre o conxunto de recursos públicos que recibe este centro privado de Vigo O PP vetou...

Trece rutas percorrerán a natureza tudense entre abril e xuño

0
Comezan esta fin de semana cunha Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño Descubrir o patrimonio natural de Tui é o obxectivo das trece rutas de...

Soutomaior intensifica a limpeza de camiños e estradas nos barrios do concello

0
O concello de Soutomaior avanza na limpeza de camiños e beirarrúas do concello. Nas vindeiras semanas uniranse 9 operarios máis a este operativo que...

Publicacións Relacionadas