Home Pontevedra Poio O concello inicia o Plan de Dotación de Estacionamentos para Residentes no...

O concello inicia o Plan de Dotación de Estacionamentos para Residentes no núcleo de Combarro

- Anuncio -

• A Concellería de Seguridade Cidadá, dirixida por Marga Caldas (BNG), negociou a cesión de terreos en Costa de Abaixo, Cela e no Camiño Real, para automóbiles de persoas que residan no centro da parroquia

• A maiores, tamén se adquiriu outro terreo na Pinela para toda a cidadanía e visitantes

• A través destes acordos, o Concello asume a limpeza e acondicionamento dos espazos, que poderían estar xa dispoñibles antes do inicio do verán

O alcalde de Poio, Luciano Sobral, e a concelleira de Seguridade Cidadá, Marga Caldas (BNG), presentaron este xoves os detalles do plan que o Concello de Poio acometerá en Combarro para dotar á contorna do núcleo da parroquia de máis de medio cento de prazas de estacionamento para residentes, que se habilitarán en parcelas particulares e que a Administración local poderá xestionar grazas aos pertinentes acordos de cesión acadados cos seus propietarios e propietarias. A maiores, tamén se traballará na posta a punto dun espazo para aparcamento aberto para toda a veciñanza. “Estamos a falar, en cifras mínimas, dunhas 160 prazas de nova creación”, sinala Caldas.

Grazas a estas xestións, o Concello pasa a dispoñer de máis de 6.000 metros cadrados
que se destinarán a este servizo. Caldas Moreira explicou que aproximadamente o 50%
desta extensión corresponde a tres espazos situados na Costa de Abaixo, no Camiño
Real e entre Cela e Padrón. Será nestes puntos onde se habiliten as prazas para as persoas residentes no centro de Combarro, que serán de 24 horas, para garantir a súa rotación. O alcalde Sobral agradeceu a predisposición das persoas propietarias das parcelas á hora de acadar un acordo, que “permitirá garantir aparcadoiros para a veciñanza que reside nas inmediacións do núcleo de Combarro, algo que resulta especialmente esencial durante a tempada estival ou en Semana Santa”. A Policía Local será a encargada de velar pola correcta utilización destes aparcadoiros, tal e como xa fixo na pasada Semana Santa. Ademais, de cara ao futuro o Concello tamén prevé repetir dotar como prazas para residentes, de xeito temporal, espazos na Baixada á Chousa e na Rúa Maceira, só durante a tempada estival. A maiores, o departamento municipal tamén chegou a un acordo co Mosteiro de Poio para a cesión de dúas parcelas na Pinela, que suman preto de 3.5000 metros cadrados, e que se destinará a aparcadoiro libre.

No caso das persoas residentes, en total estarán dispoñibles máis de 60 prazas nestes espazos. Marga Caldas lembrou, asemade, que “xa temos redactado un proxecto para habilitar outras 25 prazas a maiores, tamén para residentes na parcela que ocupaba o parque situado no Paseo das Redeiras e que foi trasladado a outro emprazamento máis próximo ao núcleo histórico”. O Concello está pendente do visto bo de Portos de Galicia
para poder habilitar ese aparcadoiro. O mesmo sucede para poder conseguir a xestión
municipal das prazas que xa existen noutro espazo situado no paseo que une A Chousa
co peirao da Canteira, que tamén está pendente do ‘ok’ do departamento dependente da
Xunta de Galicia.

Deste xeito, cristalizan unhas xestións que se levaron a cabo ao longo dos últimos meses
e que tamén estaban pendentes de recibir os informes favorables pertinentes. A concelleira de Seguridade Cidadá informou de que os documentos das cesións levaranse á vindeira Comisión Informativa de Urbanismo e, posteriormente, serán aprobadas pola Xunta de Goberno Local. “A partir de aí xa disporemos de luz verde para poñer a punto as parcelas, de xeito que poidan estar a disposición da veciñanza antes do inicio do verán”, indicou Marga Caldas, que tamén convocará á veciñanza da zona para detallarlles os pormenores do plan.

Por último, tanto o alcalde como a edil de Seguridade Cidadá garantiron que continuarán as xestións para continuar ampliando prazas e garantindo estacionamento para persoas residentes, de cara a unha mobilidade sostible na contorna do núcleo de Combarro. Neste sentido, Luciano Sobral adiantou que o Concello está en conversas co Arzobispado para
poder habilitar outra zona de aparcadoiros na parcela que actualmente ocupan as ruínas
do antigo cine, a carón da igrexa. “Apostamos pola demolición da infraestrutura e a posta
a punto deste espazo, co que gañaríamos entre 40 e 50 prazas para aparcar que darían
servizo a unha zona chave, onde se atopan servizos de relevancia como o Centro de
Saúde”, indicou o rexedor nacionalista.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas