Home Pontevedra Ponte Caldelas A Plataforma ENCORO NON realizará este sábado unha acción de concienciación cidadá...

A Plataforma ENCORO NON realizará este sábado unha acción de concienciación cidadá consistente na erradicación de especies invasoras nas beiras do Río Oitavén

- Anuncio -

Mantiveron contactos con representantes veciñais da Fraga, Laxoso e Portasouto para incorporalos a este movemento de oposición ás alternativas para o abastecemento de auga a Vigo e ao sur da provincia

A Plataforma en Defensa dos río Verdugo-Oitavén ENCORO NON levará a cabo este sábado 21 de maio, a partir das 10 da mañá, unha acción de concienciación cidadá a través da erradicación de especies invasoras nas beiras do río Oitavén, coordinada polo colectivo ecoloxista A Rente do Chan e coa colaboración da Comunidade de Montes de Gaxate.

Esta é unha das primeiras accións aprobadas pola Asemblea da Plataforma celebrada no Centro Sociocultural de Forzáns e vai orientada á defensa medioambiental do entorno natural do río Oitavén, definida polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, como un “auténtico páramo”, para demostrar á opinión pública que o espazo que se pretende anegar por un encoro, sobre o que ten a última decisión a Consellería de Infraestruturas da Xunta, é un auténtico paraíso conformado por especies endémicas de ribeira e propias dun lugar prácticamente virxe que se ve agora amenazado por un estudio que prevé alternativas para o abastecemento de auga ao sur da provincia esquilmando os recursos naturais da parte alta do curso fluvial destes dous ríos.

Aquelas persoas interesadas en participar nesta actividade de concienciación medioambiental deberán presentarse provistas de luvas e ferramentas axeitadas (serras, serruchos, machadas, podadoras, etc.) ás 10 horas da mañá do sábado no Teleclub de Gaxate para, desde aí, recibir a información precisa por parte de membros do colectivo A Rente do Cha, conformar equipos e iniciar a actividade.

XUNTANZA CON VECIÑOS DA FRAGA, LAXOSO E PORTASOUTO

Por outra banda, membros da Plataforma manteñen un contacto directo con representantes veciñais da Fraga, Laxoso e Portasouto, lugares que resultarían como principais afectados no caso de que se decidira construír un encoro no río Verdugo, segundo aparece reflectido como unha das posibilidades baralladas polo estudo encargado pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

As conversas van orientadas a incorporar a representantes destes lugares á Plataforma e ampliar o movemento social de oposición a calquera acción que teña como obxectivo a construción de encoros ou trasvasamentos de auga nos ríos Verdugo e Oitavén, en situación de especial vulnerabilidade, sobre todo en momentos de sequía.

A Plataforma segue suscitando apoios entre a veciñanza e son xa máis de 110 os colectivos que asinaron a día de hoxe o seu manifesto en contra das agresións medioambientais que prevé o estudo encargado pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil como alternativas de abastecemento de auga aos municipios do sur da provincia de Pontevedra.

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

O PP négase a informar ao Parlamento sobre un novo concerto co Ribera-Povisa e...

0
Montserrat Prado denuncia a “total opacidade” do Goberno galego sobre o conxunto de recursos públicos que recibe este centro privado de Vigo O PP vetou...

Trece rutas percorrerán a natureza tudense entre abril e xuño

0
Comezan esta fin de semana cunha Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño Descubrir o patrimonio natural de Tui é o obxectivo das trece rutas de...

Soutomaior intensifica a limpeza de camiños e estradas nos barrios do concello

0
O concello de Soutomaior avanza na limpeza de camiños e beirarrúas do concello. Nas vindeiras semanas uniranse 9 operarios máis a este operativo que...

Publicacións Relacionadas