Home Pontevedra Ponte Caldelas Remata o verán e fracasa o plan de desbroces privatizados de Díaz...

Remata o verán e fracasa o plan de desbroces privatizados de Díaz coa Área Arqueolóxica de Tourón pasto da maleza e os camiños mal rozados

- Anuncio -

· Destimou 80.000 euros para que empresas privadas realizaron os traballos que empezaron tarde, mal e de xeito insatisfactorio para os veciños das zonas rurais.

· Os elementos da arte rupestre de Tourón permanencen cubertos de maleza e en situación de grave perigo por si foran vitimas dun incendio forestal.

O PPdeG de Ponte Caldelas esixiralle ao alcalde Andrés Díaz no vindeiro Pleno que exerza as súas funcións para o que foi elixido e faga seguemento e supervisión do contrato de desbroces e que lle esixa ás empresas privadas á que lle vai dar 80.000 euros para que fagan con dilixencia e pulcritude o seu traballo. Finaliza a temparada de verán e a Área Arqueolóxica de Tourón segue en situación de total abandono e cuberta de maleza.

Por outra banda, os camiños veciñais nas zonas rurais foron “rozados” con présa e sen a dilixencia suficiente motivando as queixas dos veciños e veciñas que trasladarán os concelleiros do PPdeG ao vindeiro Pleno que se celebrarán este mes de setembro. As empresas limitáronse a facer, na maioría dos casos, limpezas mecánicas con grandes desbrozadoras mecanizadas e tractores que ían limpando a medida que lle daba o brazo articulado, pero deixando os detalles e as pequenas rozas sen resolver xustificando, en definitiva, o seu paso para logo poder cobrar, pero cun traballo totalmente insatisfactorio.

De feito os concelleiros do PPdeG esixiranlle explicacións ao alcalde e preguntaranlle polos camiños e espazos públicos obxecto do contrato porque “segundo queixas dos veciños, tiveron que chamar en moitas ocasións ao Concello para que viñeran limpar os operarios municipais o que ían deixando sen rozar os tractores porque estaban deixando unha imaxe lamentable”.

Os edís do PPdeG preguntarán en que condicións contratou a privatización do servizos de roza e limpeza o Concello a estas empresas ante o insatisfactorio dos traballos realizados.

A ÁREA ARQUEOLÓXICA, UNHA MÁGOA POLO SEU ABANDONO

Por outr abanda, o Partido Popular de Ponte Caldelas trasladará as queixas, por enésima vez, polo estado de abandono no que se atopa a Área Arqueolóxica de Tourón e a Pedra do Cervo, en Cuñas.

Durante os meses de verán non foron poucas as persoas que se marcharon desanimadas e mesmo indignadas pola situación na que se atopa o entorno da Área Arqueolóxica de Tourón e a Pedra do Cervo, en Cuñas, totalmente pasto da maleza e o abandono.

O Partido Popular de Ponte Caldelas trasldará no vindeiro Pleno ao Goberno municipal esta preocupación e a posta en valor do patrimonio arqueolóxico do noso municipio, especialmente a Área de Tourón, que é unha referencia da arte rupestre non so en Galicia senón en toda Europa como o acredita o interese que suscita en moitos estudiosos na materia que se achegan ata aquí.

Finalmente, o PPdeG esixiralle ao Concello que cumpra coa súa propia normativa e medidas de prevención antiincendio e proceda a limpar as zonas de titularidade municipal que se atopan cubertas de maleza, como é o caso mesmo da depuradora de Tourón onde a presenza de plantas e silvas de gran altura resultan evidentes. “Así, mentras o Concello se esmera en enviar cartas e advertencias de sancións a veciños e veciñas por non ter en condicións as súas fincas, este mantén espazos de titularidade municipal que non cumpren a súa propia normativa en materia de limpeza de fincas. Atrás quedou a data do 31 de maio para cumprir coa normativa e a día de hoxe seguen estando en situación de abandono”.

Relacionadas

A concello abre o prazo de inscrición para participar no XXXIX Festival dos Maios

0
Organiza este concurso, dotado con 300 euros en premios, en colaboración coa asociación de veciños Santa Columba de Bértola O Concello de Vilaboa convoca a...

A Biblioteca Pública de Baiona consolídase como un referente

0
A Biblioteca Pública continúa celebrando o mes do libro con novas adquisicións tanto para adultos como para nenos, mantendo o seu compromiso de actualizar...

O Erizana C.F. asegura o ascenso a Primeira Galicia

0
O Erizana Club de Fútbol logrou asegurar o seu ascenso a Primeira Galicia tras unha destacada vitoria a domicilio fronte ao Vila do Corpus,...

Luis López traslada ao alcalde de Vilanova que a Deputación ultima o proxecto da...

0
O presidente provincial, acompañado polo deputado Javier Tourís, mantivo unha reunión co rexedor vilanovés para abordar asuntos de interese mutuo para as dúas institucións O...

Literatura, flores e música na Feira do Libro de Segunda Man do Rosal

0
Celebrarase este domingo 21 de abril na Praza do Calvario de 11.00 a 20.00 horas O Rosal prepárase para conmemorar o Día do Libro por...

O BNG inicia unha ofensiva institucional para a cesión das vivendas da Sareb a...

0
A fronte nacionalista traslada iniciativas no Concello, no Parlamento galego e no Congreso para que o ‘banco malo’ destine os centos de inmóbeis que...

Publicacións Relacionadas