Home Pontevedra Ponte Caldelas Unha octoxenaria de Barbudo adiántase a repostar de gasóleo de calefacción polo...

Unha octoxenaria de Barbudo adiántase a repostar de gasóleo de calefacción polo medo a que as temporadas de choiva provoquen o derrubo do camiño municipal que dá acceso á súa casa

- Anuncio -

· PPdeG levará ao próximo Pleno as queixas veciñais de Barbudo por un camiño con risco de derrube, a falla de luz e necesidades de asfaltado.

O Partido Popular de Ponte Caldelas levará ao vindeiro Pleno as queixas recibidas por parte de varios veciños da parroquia de Barbudo referentes ao mal estado, con ameaza de derrube, do Camiño do Casteliño, así como determinadas necesidades relacionadas coa mellora da iluminación nos viais do entorno do Casino así como o bacheo e asfaltado de varios camiños especialmente o que sirve de acceso e comunicación coas vivendas do barrio de Eidodorxe que presenta buracos que poñen en perigo a circulación de vehículos e persoas.

Os populares consideran urxente que o Concello de Ponte Caldelas actúe no Camiño do Casteliño, no ramal que comunica unha vivenda onde vive soa unha anciá octoxenaria que, por medo a que a temporada de choiva acabe por derrubar este camiño e impida o acceso ao camión de subministro de gasóleo de calefacción, tivo que adiantar o seu pedido invernal.

A anciá vive coa incertidume de cando poderá quedar impracticable ese camiño de titularidade municipal que dá acceso rodado á súa casa xa que pese a ter presentada, desde hai meses os veciños e mesmo o Partido Popular, queixa por rexistro ante o Concello para que se interveña antes de que o vial colapse segue estando nas mesmas condicións de abandono e perigosidade.

Ademais, o mal estado deste camiño dificultaría o acceso de vehículos de emerxencia e mesmo ambulancias no caso de que fora necesaria a súa chegada xa que o firme non dá seguridade algunha para que este tipo de automóbiles pesados circulen polo actual trazado tal e como está.

Por outra banda, os populares trasladarán ao Pleno as queixas de varios veciños sobre a falta de visibilidade e de iluminación nos camiños existentes debaixo do Casino de Barbudo tras unha reorganización feita polo goberno municipal do alumeado público existente. Retiráronse varios puntos de luz no entorno deste local social e non se ubicaron outros substitutivos que tiveran a mesma función polo que os veciños se queixan de situacións de perigo para a seguridade vial para as persoas maiores con problemas de mobilidade xa que a falta de iluminación axeitada dificulta o tránsito seguro pola zona.

BURACOS E PROBLEMAS DE DRENAXE EN EIDODORXE

Finalmente, o PPdeG levará ao vindeiro Pleno as queixas recibidas referentes á situación de abandono no que se atopan varios camiños especialmente o que sirve de acceso e comunicación coas vivendas do barrio de Eidodorxe que presenta buracos que poñen en perigo a circulación de vehículos e persoas.

Os veciños quéixanse tamén de que non existe un sistema de drenaxe e canalización axeitado das augas pluviais o que produce que no inverno, coas precipitacións metereolóxicas, o camiño de Eidodorxe se convirta nun auténtico río por onde baixa a gran velocidade a choiva. Tamén reclaman unha actuación para mellorar unha conducción de regadío que se atopa en mal estado.

Ademais, un veciño denuncia que o remate dese vila, no Camiño da Fonte dos Muros, está sen pavimentar adecuadamente e a inclinación do terreo e a falla dun sistema de drenaxe provoca que cando chegan as temporadas da choiva as augas pluviais acaban nas antigas cortes da súa vivenda provocándolle inundacións e graver perxuizos. O residente nesa casa asegura que o camiño é municipal e polo tanto é obriga do Concello poñerlle solución a este problema que padece de xeito reiterado nos invernos.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas