Free Porn
xbporn
Home Pontevedra Verbenas, verónicas, agapantos, xeranios, lavandas… para rematar a tempada de plantación...

Verbenas, verónicas, agapantos, xeranios, lavandas… para rematar a tempada de plantación nas zonas verdes da cidade

- Anuncio -

A chuvia e o mal tempo prolongou estas plantacións que agora chegan á espazos verdes de Doce de  novembro, Augusto García Sánchez, Eduardo Pondal, Cruz Vermella, Camiño vello de Castela entre outros  barrios da cidade.  

En total son 2.644 unidades de 35 especies distintas tanto de tempada como vivaces. 

A Concellaría de Servizos Urbanos Básicos, que dirixe Xaquín Moreda está a rematar nestes días as  plantacións de novas especies e reposicións nos parques, xardíns, rotondas, escavas, medianeiras… que  comezaron na primavera. Neste ano, debido ás intensas chuivas e ao mal tempo, estes labores  prolongáronse no tempo e están a rematar nestes días.  

As últimas actuacións realízanse, entre outros lugares, na rotonda de Doce de novembro, Augusto García  Sánchez, Eduardo Pondal, Cruz Vermella, Camiño vello de Castela, avenida de Vigou ou Pintor Laxeiro.  

Ademais de planta de tempada, tamén se empregan especies vivaces, que son plantas herbáceas non  leñosas e perennes. Florecen durante o verán e no inverno a súa raíz permanece viva para cando chegue a  primavera volva a florecer repetindo o ciclo ano tras ano con maior forza.  

En total a Concellaría está a plantar 2.644 unidades de 35 especies distintas que darán cor e luz aos espazos  de encontro e melloran a paisaxe urbana. As especies que se están a plantar son:  

• Grevillea lanigera ‘Mt Tamboritha’: 125 ud  

• Loropetalum Chinense « Fire Dance »: 50  unidades  

• Tagetes patula « Damasquina » 140 ud  

• Catharanthus roseus « Vinca de  

Madagascar »220 ud  

• Centaurea pulcherrima « aciano ou botón de  solteiro » 100 ud  

• Veronica spicata « Verónica espigada » 100  ud  

• Salvia 65 ud  

• Tagetes patula 150 ud  

• Kniphofia “poco series”© 4 ud  

• Pennisetum ‘red bunny tails’ 3 ud  • Lavandula angustifolia « Lavanda » 3 ud  

• Agapanthus africanus « Agapantos » 4 ud  

• Stachys byzantina « Espiga de cordeiro » 4  ud  

• Verbena bonariensis 20 ud  

• Gaura x lindheimeri 20 ud  

• Rudbeckia fulgida ‘goldsturm’ 40 ud  • Artemisia arborescens ‘powis castle’ 12 ud  • Ipomoea hybrida 18 ud  

• Impatiens hawkeri ‘sunpatiens’ 12 ud  • Catharanthus roseus 36 ud  

• Veronica spicata 36 ud  

• Pelargonium x hortorum (Xeranio) 176 ud  • Osteospermum ecklonis (margarita) 95 ud  

• Geranium ‘rozanne’ (xeranio perenne) 45 ud  

• Delosperma hybrida ‘wheels of wonder’ 136  ud  

• Coreopsis verticillata ‘zagreb’ 180 ud  • Gazania x hybrida ‘grandiflora’ 300 ud  • Euphorbia characias ‘silver swan’ 4 ud  • Impatiens walleriana 300 ud  

• Gaillardia aristata 45 ud  

• Origanum vulgare ssp. viride (Orégano  verde) 45 ud  

• Iberis sempervirens 45 ud 

Relacionadas

As bandas de música de Jumilla e Tui actúan este venres na praza de...

0
Será ás 21 h no XXIX Festival de Bandas de Música O son das bandas de música pechará este venres, 23 de agosto, ás 21...

Tomiño rehabilita o lavadoiro da Portela, na parroquia da Sobrada

0
O Concello continúa coa súa labor de recuperación do patrimonio etnográfico e arquitectónico do municipio para o desfrute da veciñanza O Concello de Tomiño continúa...

Redondela acolle a X Xuntanza Moteira Vila dos Viadutos

0
O Campo da Feira de Redondela acolle o vindeiro 31 de agosto a X Xuntanza Moteira Vila dos Viadutos, organizada polo Motoclub Redondela e...

O concello do Porriño aproba o seu orzamento máis alto: 21 M de euros

0
O orzamento, que foi aprobado inicialmente cos votos a favor do equipo de goberno e os votos en contra dos grupos da oposición, ascenden...

O Grupo Municipal Socialista de Redondela demanda manter o actual canon de Sogama

0
- Os socialistas levarán ao próximo pleno do mes de agosto unha moción na que instan á Xunta de Galicia “a que non suba...

Mes de proba gratis no Club Natación Mos

0
O Club Natación Mos ofrece un mes de proba gratuíto, en setembro ou outubro, a nenos nados entre os anos 2017 e 2012. O Club...

Publicacións Relacionadas