HomePontevedraVilaboa prorroga os orzamentos de 2020

Vilaboa prorroga os orzamentos de 2020

- Anuncio -spot_img

O QUE NON SON CONTAS…. SON CONTOS

Outro ano máis o concello de vilaboa VILABOA PRORROGA Os ORZAMENTO DE 2020.

O goberno municipal de Vilaboa prorrogará os orzamentos por decreto do 2020, o líder dos populares de Vilaboa , Alberto Acuña tacha este acto de “continuísmo na xestión a pesar do cambio de alcaldes nos últimos anos , ao non aprobarse os orzamentos en tempo e forma”.

Acuña argumenta que os orzamentos da anualidade é a folla de roteiro da xestión municipal e como de costume o concello de Vilaboa deixa entrar o ano novo e prorroga os orzamento do ano anterior. “ non ter orzamento é non ter un proxecto claro para Vilaboa, non saber planificar.

O PP critica esta falta de xestión municipal, ao recoñecer que esta interinidade limita neste novo ano , ao prorrogarse as contas do ano anterior en non poder dispoñer de partidas económicas que estaban recoñecidas no ano anterior en contas ou créditos para gastos concretos que se acometeron xa no ano natural asi como os gatos producidos que non son renovados este ano, quedando esas partidas sen poder utilizar , hai gastos que se esgotaron e non se prorrogarán limitando o orzamento ata a aprobación do novo.
Prorrógaa dos orzamentos non permitirá acometer proxectos reclamados e necesarios polos veciños

Acuña cre que está falta de xestión é un suma e segue á xestión do os últimos 20 anos en vilaboa, sen planificación económica

Publicacións Relacionadas