HomePontevedraA pista de pump track na Canteira, primeiro paso para o parque...

A pista de pump track na Canteira, primeiro paso para o parque de aventuras de Paredes

- Anuncio -spot_img

Esta primeira instalación deportiva contará con dúas áreas, unha para probas de competición e outra para a práctica da poboación máis nova

O Concello de Vilaboa da os primeiros pasos para a transformación da antiga Canteira de Paredes nun Parque de Aventuras cunha orientación multideportiva e de actividades ambientais e de contacto co medio ambiente. A primeira actuación que o goberno local executará neste entorno será a dotación dunhas infraestruturas para a práctica de pump track para poboación de todas as idades.

Estas obras, que comezarán no primeiro semestre deste ano, realizaranse no espazo que actualmente ocupa o parque infantil e consistirán nunha pista con dúas áreas diferenciadas, unha competición e outra para a práctica deportiva por parte de persoas afeccionadas a esta disciplina.

Son poucos os concellos da contorna que contan cunhas instalacións homologadas polo que a pista de Vilaboa aspira a converterse en punto de referencia para as competicións federativas. Sen embargo, no deseño desta instalación o goberno local quere garantir un espazo dispoñible sempre para a numerosa rapazada que cada vez se anima máis a achegarse a esta disciplina e que demandan un lugar axeitado para desfrutar das piruetas sobre a bicicleta.

“Dentro do proxecto global que temos para Vilaboa iremos dando forma a parques públicos descentralizados nas diferentes parroquias e cada un terá unha temática diferente. Este entorno de Paredes é espectacular para a práctica deportiva e esa é a orientación que lle daremos”. César Poza recorda que esta actuación será posible grazas ao convenio asinado coa Comunidade de Montes de Vilaboa que favoreceu a cesión indefinida do Monte da Raposeira; dúas parcelas que en conxunto suman 49.847 metros cadrados.

O acordo recolle tamén o peche perimetral das parcelas e a conservación do entorno, polo que o Concello executará tamén unha actuación que favoreza a drenaxe da antigua canteira e que evite o empozamento da auga.

Publicacións Relacionadas