- O voceiro municipal do PP cre que a memoria remitida ao ministerio e a solicitude de entrevista con Óscar Puente son “nada máis que un xesto cara a galería”, xa que advirte de que o Goberno de España “non ten nin compromiso nin interese coas infraestruturas de Vilaboa”
O voceiro municipal do PP de Vilaboa, Alberto Acuña, vén de acusar ao alcalde, César Poza, de extender unha “cortina de fume” coa remisión dunha memoria coas demandas viarias estatais para o concello ao Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible, xa que anuncia que ningunha desas propostas vai acometerse, e paralelamente tamén critica que o rexedor se esqueza da necesidade de acometer uns enlaces axeitados aos núcleos de poboación tras a apertura ao tráfico o pasado mes de decembro da A-57.
O concelleiro popular sostén que o envío destas peticións ao departamento estatal, xunto coa petición dunha reunión co ministro Óscar Puente, son “nada máis que un xesto cara a galería” para tentar quedar ben cos veciños, pero lembra que os vilaboeses “precisan de feitos, non de anuncios e promesas incumpridas tras máis de vinte anos de sucesivos gobernos socialistas que non son quen de conseguir a modernización e mellora das vías estatais que cruzan o noso concello e que precisan dunha remodelación completa”.
Entre as peticións anunciadas polo alcalde figuran diversas actuacións na estrada nacional N-554 e a posta en valor como Vía Verde dos tramos ferroviarias en desuso, así como a cacarexada conexión de Vilaboa coa autoestrada AP-9 cara Vigo, pero o edil do PP reiterou que “estas demandas son de vello, ata o punto de que poderíamos calificalas de históricas, pero non se van acometer, desgrazamente para o noso concello, porque o Goberno de España non ten nin compromiso nin interese coas infraestruturas de Vilaboa”.
Ademais, Alberto Acuña tamén lamentou que nesa memoria remitida a Transportes non se incluíse o remate dos enlaces da A-57, ata un total de catro dos que dous conectan con vías moi transitadas, como a N-550 e a N-554, e que permanecen sen completar co conseguinte prexuízo e molestias para os veciños.
“Cando se acometeu esta obra demostrouse o abandono de Vilaboa por parte dos socialistas, tanto do alcalde poñéndose de perfil, como do subdelegado do Goberno rebatindo as nosas demandas falando de que si a posta en marcha da A-57 non ía ser o 18 de decembro senón uns días despois, é dicir, centrándose nunha cuestión superflua de axenda e non no verdadeiramente importante, que é que ían deixar tirados aos veciños cuns enlaces indignos que non se atisba que vai a reparar e completar”, concluíu o voceiro popular.