Home Pontevedra Vilaboa renoba 105 iluminarias no Alcouce e Barciela para mellorar a eficiencia...

Vilaboa renoba 105 iluminarias no Alcouce e Barciela para mellorar a eficiencia enerxética

- Anuncio -

O investimento supera os 37.000 euros e reducirá o coste do alumeado público

O Concello de Vilaboa segue a traballar na mellora da eficiencia enerxética do municipio cun proxecto que implica a sustitución das luminarias actuais por outras led, de menor consumo, nos lugares de Alcouce (Figueirido) e Barciela (Santa Cristina de Cobres).

Nestes días comezará a colocación de 6 luminarias de alumeado público viario LED de 58W de potencias e outras 99 de 39W de potencia que se colocarán nos viais destes dous núcleos trala retirada das farolas actuais. Instalaranse nos postes existentes, renovando tamén parte dos brazos de ancoraxe e cun investimento que supera los 37.469 euros.

Esta actuación no Alcouce súmase á executada xa en Bértola, na Ramalleira, na Saxosa e na Rialiña onde as farolas obsoletas foron reemplazadas por luminarias LED reducindo o consumo e, polo tanto, o costo da iluminación pública para a administración local. Investimentos similares fixeronse tamén no resto das parroquias de Vilaboa.

Para César Poza, alcalde de Vilaboa, esta nova actuación supón un avance importante no proxecto de eficiencia enerxética que o goberno local prevé desenvolver en Vilaboa e que aparece recollido no Plan de Acción para o Clima asumido pola administración local. “Unha das nosas prioridades é adecuar as instalacións de uso público para mellorar a vida dos nosos veciños e veciñas e coidar o entorno municipal e nese sentido esta obra que imos acometer de inmediato é sen dúbida un paso adiante”.

Relacionadas

A Deputación organiza esta fin de semana novas saídas do programa Lecer en familia...

0
As estancias programadas este 14 e 15 de febreiro levarán a familias de 15 concellos ao Hotel Bahía de Baiona, ao Carlos I de...

Abanca Cimag-GandAgro 2025 explicará innovadores proxectos en distribución sostible de xurro e monitoreo de...

0
• SERÁ EN DÚAS XORNADAS ORGANIZADAS POLO CAMPUS TERRA DE LUGO E A ASOCIACIÓN AGRARIA DE GALICIA (ASAGA) • ESTA V FEIRA PROFESIONAL DE MAQUINARIA,...

Fortalecer vínculos emocionais na era dixital con Rafa Guerrero na Semana da Educación de...

0
O psicólogo e experto en intelixencia emocional ofreceu unha interesante charla sobre a xestión de emocións en infancia e adolescencia nun auditorio de Goián...

Perfecto Ramos presenta en Tui “Os Lobariñas Feixoo. Luz e memoria nos Séculos escuros”

0
Será este venres ás 19.30 h na Sala Municipal Este venres, 14 de febreiro ás 19.30 h na Sala de Exposicións Municipal, no edificio Francisco...

O concello de Ponteareas lidera as estratexias verdes muicipais en Galicia

0
Ponteareas lidera o deseño das estratexias municipais de infraestrutura verde e será a guía para moitos concellos galegos, así se amosou onte na presentación...

Redondela celebra o Día da Muller e da Nena na Ciencia con obradoiros nos...

0
A concellería de Igualdade celebra este mes de febreiro unhas xornadas sobre ciencia  nos colexios de Redondela, uns obradoiros que se realizan en colaboración...

Publicacións Relacionadas