HomePontevedraPontevedraPontevedra postúlase para acoller até catro campionatos distintos de natación o vindeiro...

Pontevedra postúlase para acoller até catro campionatos distintos de natación o vindeiro ano

- Anuncio -spot_img

Para este decembro xa está confirmado o peche da axenda deportiva coa Copa de España de clubs de 1ª división de Natación

O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, lembra a importancia deste tipo de eventos «que moven moitísima xente» á hora de desestacionalizar a chegada de visitantes até a Boa Vila

O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, informou en rolda de prensa que Pontevedra acollerá, no mes de decembro neste ano, a Copa de España de clubs Primeira división de Natación. Será a cita que peche o calendario deportivo deste 2025 na Boa Vila.
«Trátase dunha época interesante, xa que é un campionato que moverá unha chea de xente nunha época relativamente baixo, antes do Nadal», sinalou o rexedor. «Ademais deste evento, que xa está pechado, na xuntanza que o Concello mantivo coas Federacións Galega e Española de natación, está sobre a mesa a celebración de varias citas ao longo do vindeiro ano. Agardamos poder ir confirmándoas aos poucos».

Así, Fernández Lores indicou que Pontevedra postúlase como sede para acoller ao longo do ano que vén unha Copa do Mundo de Natación Artística (que permanecería en Pontevedra até un total de tres anos, 2026, 2027 e 2028); o Campionato de España por Federacións Autonómicas junior e infantil de natación (en febreiro); o Campionato de España alevín e infantil de inverno de natación artística (que sería en marzo) e, por último, a Etapa final da Copa de España de Augas Abertas (en setembro, días antes da Gran Final das Series Mundiais, o que permitiría abaratar custes e a reutilización da distinta loxística).
«Estas serían as catro competicións que, en sintonía cos clubs da cidade e coa Fundación Rías do Sur, Pontevedra solicita este ano», recapitulou o alcalde. «Estamos traballando e planificando toda a axenda deportiva do ano que vén, que será emocionante e espectacular, en constante crecemento».

Publicacións Relacionadas