HomePontevedraPontevedraPontevedra recibe a miles de visitantes nun xuño de récord, marcado polo...

Pontevedra recibe a miles de visitantes nun xuño de récord, marcado polo Multisport e o auxe do turismo estatal

- Anuncio -spot_img

O Oficina municipal de Turismo atende a preto de 7.500 turistas, un 34,2% máis que en Xuño do ano anterior, un aumento que supera o 70% se poñemos o foco tan só nos de orixe estranxeira Anabel Gulías subliña o éxito das citas deportivas para atraer un turismo de calidade e dun modelo urbano que enche as rúas de seniors e familias

Pontevedra está de moda e afronta o reto de converterse nun destino turístico sostible e de calidade. Neste marco a aposta por grandes citas deportivas, como o World Multisport, ou a promoción do modelo urbano “emerxen como eixes exitosos de captación de visitantes e de consolidación da Boa Vila como destino de estancias curtas” sinala Anabel Gulías, conselleira delegada da empresa municipal Turismo de Pontevedra.

Gulías, que tamén é concelleira de Deportes, pon de exemplo o Multisport que trouxo á cidade a miles de deportistas e acompañantes, “xente que planifica as súas vacacións en función do evento, e que aproveitan os días tamén para coñecer e gozar de Pontevedra ou percorrer a provincia, ademais de converterse, en moitos casos, en embaixadores da cidade”. “Constitúen para nós un perfil de turista interesante, como tamén o son os cada vez máis numerosos séniores, parellas ou familias que nos visitan e gozan da nosa historia, natureza, gastronomía e vida rueira”, engade a responsable de Turismo.

Os datos de visitantes da Oficina de Turismo de Pontevedra pulsa, de xeito continuo o volume, perfil biográfico e intereses dos visitantes que chegan á capital do Lérez. Malia ser unha análise parcial de situación -recolle datos só dos que se achegan á oficina- reflicte tendencias que máis tarde recollen informes máis amplos e formais como o estudo anual do Observatorio Urbano que elabora a Asociación Pont Up Store, emprendemento e innovación, para o Concello de Pontevedra.

Os datos de xuño falan dun importante aumento do número de visitantes respecto ao mesmo mes do ano anterior. Ata a Oficina municipal de Turismo achegáronse 7.470 persoas (240 ao día) en busca de información, un 34,28% máis que hai un ano.

O 74,59% dos visitantes era de orixe estatal, sendo os chegados de Madrid, Andalucía e A Rioxa, os máis numerosos. Foron 5.572 persoas, un 25,2% máis que as rexistradas en xuño do 2024.

O 21,1% restante -1.898 persoas- tiña orixe foráneo, sendo os máis numerosos de Francia, Estados Unidos e Reino Unido. Neste caso o incremento, respecto do ano anterior, superou o 70%.

Publicacións Relacionadas