Home Pontevedra O Condado Posta en marcha da Aula Mentor no concello de Salvaterra de Miño,...

Posta en marcha da Aula Mentor no concello de Salvaterra de Miño, con máis de 200 cursos online

- Anuncio -

O Concello de Salvaterra de Miño vai por en marcha unha “Aula Mentor”, na nova aula de Novas Tecnoloxías situada na Casa de Cultura de Salvaterra, a cal funcionará de luns a venres en horario de 09.00 a 14.00horas, a partires do mes de febreiro.

A través desta nova iniciativa de formación telemática, a veciñanza poderá beneficiarse dun amplo catálogo de cursos online.

Para acceder a toda a información sobre o proxecto e máis o catálogo de cursos accesible poderán facelo na ligazón https://www.aulamentor.es/

As persoas interesadas nesta iniciativa de formación online poden contactar co Concello por teléfono ou ben a través do correo electrónico salvaterrademino@aulamentor.es

Aula Mentor ofrece formación non regrada, flexible e con titorías personalizadas. Unha vez realizado o proceso de matrícula, as persoas beneficiarias poderán completar os seus cursos na propia aula de novas tecnoloxías ou ben nas súas casas.

Os cursos teñen un custe de 24 euros mensuais e, coa súa superación, obtense un certificado oficial, asinado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional.

O programa de formación do Aula Mentor, busca mellorar as posibilidades de empregabilidade a través da formación online, desenvólvese en Salvaterra de Miño en virtude dun convenio asinado entre o Concello e o Ministerio de Educación e Formación Profesional.

Relacionadas

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Sandra Bastos asiste na Estrada ao faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas” centrado en...

0
A escritora estradense Avelina Valladares foi a protagonista, da man da xornalista e investigadora Laura Filloy, do cuarto faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas”...

Luis López sinala as máis de 2.000 atencións a case 500 empresas do programa...

0
O presidente provincial foi o encargado de entregar un dos galardóns na décimo terceira Gala do Premio Joven Empresario e Iniciativa Empresarial organizada por...

O Concello de Redondela solicita á consellería do Medio Rural a xestión da biomasa

0
-O Concello de Redondela solicitou o pasado mes de marzo á Dirección Xeral de Defesa do Monte as inspeccións oportunas nas faixas secundarias de...

Récord de participación no X Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade

0
Celebrarase sábado e domingo no pavillón de deportes de Valença con máis de 400 persoas en competición en cada xornada. A Eurocidade confírmase coma...

A mocidade tomiñesa apúntase aos bailes de serán

0
A OMIX de Tomiño organiza un obradoiro no que aprender as primeiras nocións do baile popular galego A mocidade tomiñesa lánzase a bailar. A OMIX...

Publicacións Relacionadas