O Concello de Salvaterra de Miño pon en marcha unha “Aula Mentor”, na nova aula de Novas Tecnoloxías situada na Casa de Cultura de Salvaterra, a cal xa funciona de luns a venres en horario de 09.00 a 14.00horas.
A través desta nova iniciativa de formación telemática, a veciñanza pode beneficiarse dun amplo catálogo de cursos online.
As persoas interesadas nesta iniciativa de formación online poden contactar co Concello por teléfono ou ben a través do correo electrónico salvaterrademino@aulamentor.es
Aula Mentor ofrece formación non regrada, flexible e con titorías personalizadas. Unha vez realizado o proceso de matrícula, as persoas beneficiarias poderán completar os seus cursos na propia aula de novas tecnoloxías ou ben nas súas casas.
O programa de formación do Aula Mentor, busca mellorar as posibilidades de emprego través da formación online, desenvólvese en Salvaterra de Miño en virtude dun convenio asinado entre o Concello e o Ministerio de Educación e Formación Profesional.
Para acceder a toda a información sobre o proxecto e máis o catálogo de cursos accesible poderán facelo na ligazón https://www.aulamentor.es/



