O PP de Vilaboa pediu este martes que o concello investigue por que acaban no lixo os alimentos que se entregan a familias con necesidades e por que non existe control das mesmas
O PP denunciou este martes a noticia da que se facían eco vía redes sociais cando un grupo de veciños mostraban o seu malestar polos alimentos que reparten os servizos sociais do concello e que apareceron tirado no lixo. O PP pregúntase se é que o Concello entrega estes alimentos sen control sobre as persoas que os reciben e as súas verdadeiras necesidades, facendo fincapé na cantidade de persoas que nunca acoden a estes servizos, que teñen verdadeira necesidade e que por culpa de actitudes como a de persoas como as que tiran os alimentos recibidos, atopan estigmatizado o feito de acudir aos servizos sociais. O PP pide que se aumente o control sobre os beneficiarios destes servizos para evitar que esa situación volva repetirse e xóguese desa forma coa boa vontade de quen doa eses alimentos aos bancos de alimentos para que cheguen a persoas verdadeiramente necesitadas.



