Home Tabeirós Cerdedo - Cotobade PP e PSOE logran que o BNG reconsidere o seu intento de...

PP e PSOE logran que o BNG reconsidere o seu intento de rachar a unidade de acción polos eólicos e forzan a aprobación unánime dunha moción conxunta sobre Os Cotos

- Anuncio -

• O alcalde reiterou de forma contundente o seu rexeitamento frontal ao parque que pretende instalarse en Borela e que aínda non está en exposición pública por consideralo “danino contra os intereses dos veciños e dos lugares que se podería ver afectados”

Os voceiros dos grupos municipais do PPdeG e do PSdeGPSOE impediron que prospera o desexo do BNG de presentar unha moción sobre os parques eólicos, traída a Pleno fóra da Comisión de Seguemento e que poñía en serio risco a unidade de acción conseguida e impulsada por consenso de veciños afectados, comunidades de montes e os tres grupos políticos do Concello.

Despois de afearlle o comportamento, que pretendía saírse do acordado e escenificar un desmarque unilateral para realizar un acto estéril de visibilización mediática sobre este tema, os voceiros municipais dos dous partidos maioritarios foron quen de convencer a Ernesto Filgueira de que desistira da súa acción e se presentara a mesma moción, de xeito conxunto, polos tres grupos políticos da Corporación.

No turno de palabra, o alcalde Jorge Cubela, reiterou de forma contundente o seu rexeitamento frontal e institucional ao parque eólico dos Cotos, que pretende instalarse en Borela, e que aínda que non está en exposición pública considérao “danino contra os intereses dos veciños e dos lugares que se podería ver afectados”.

A NOSA UNIDADE DE ACCIÓN, EXEMPLO PARA OUTRAS PLATAFORMAS
Tanto Cubela como Garrido expresaron a súa sorpresa e indignación fronte á proposta que pretendía levar adiante Filgueira ao considerar que supoñía unha clara deslealdade que vulneraba o principio de unidade de acción que presidiu desde o inicio deste conflicto social o proceder do Concello, os veciños afectados, as comunidades de montes e mesmo as distintas forzas políticas con representación na Corporación, “que incluso mereceu a felicitación de diversas plataformas que vén no noso proceder o camiño axeitado para facer fronte aos xigantes eólicos, ás multinacionais enerxéticas”, indicou o alcalde.

“Os veciños pedíronnos ir xuntos da man deles neste tema, que aparcáramos as nosas diferencias políticas e os nosos personalismos ou posicionamentos ideolóxicos a prol da defensa conxunta dos intereses dos nosos veciños e lugares. E así o fixemos desde o principio. Convocamos asembleas, mantivemos xuntanzas con colectivos, administracións, etc. etc. sempre desde o coñecemento da Comisión de Seguemento e cunha política de transparencia total e de boa fe que agora se vería truncada si nos dedicamos a saír a foto, uns e outros, con mocións e propostas que minen a unidad de acción e a forza de todo un pobo. Isto non o imos consentir e así llelo fixemos saber tanto Lina Garrido coma min. Afortunadamente, a cordura imperou neste tema e a lóxica fixo que a moción fora substituída por unha conxunta de todos, como debe de ser”, indicou o alcalde.

8 DOS 9 PUNTOS APROBÁRONSE POR UNANIMIDADE INCLUÍDA UNHA MOCIÓN DO PPdeG EN DEFENSA DO XACOBEO, QUE CONTOU CO APOIO DO BNG

Por outra banda, o alcalde anunciou que a vindeira semana manterá varios encontros de especial interese na Xunta, asembleas veciñais e coa Plataforma “co fin de ir avanzando nos traballos de oposición á instalación de parques como o dos Cotos que, aínda que neste caso todavía non está en exposición pública os datos dos que dispoñemos fan pensar que vai representar un problema para os intereses dos veciños polo que nos terá claramente en contra”.

Finamente sinalar que o consenso das tres forzas políticas foi constante na celebración do Pleno xa que foron votados a favor e por unanimidade 8 dos 9 puntos a debate entre elas unha moción do PPdeG a prol da celebración do Xacobeo que consegui o voto favorable, incluso, do BNG. O único punto que non tivo ese respaldo absoluto foi unha moción que demandaba a rebaixa das tarifas eléctricas onde os edís socialistas se abstiveron.

Relacionadas

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Sandra Bastos asiste na Estrada ao faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas” centrado en...

0
A escritora estradense Avelina Valladares foi a protagonista, da man da xornalista e investigadora Laura Filloy, do cuarto faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas”...

Luis López sinala as máis de 2.000 atencións a case 500 empresas do programa...

0
O presidente provincial foi o encargado de entregar un dos galardóns na décimo terceira Gala do Premio Joven Empresario e Iniciativa Empresarial organizada por...

O Concello de Redondela solicita á consellería do Medio Rural a xestión da biomasa

0
-O Concello de Redondela solicitou o pasado mes de marzo á Dirección Xeral de Defesa do Monte as inspeccións oportunas nas faixas secundarias de...

Récord de participación no X Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade

0
Celebrarase sábado e domingo no pavillón de deportes de Valença con máis de 400 persoas en competición en cada xornada. A Eurocidade confírmase coma...

A mocidade tomiñesa apúntase aos bailes de serán

0
A OMIX de Tomiño organiza un obradoiro no que aprender as primeiras nocións do baile popular galego A mocidade tomiñesa lánzase a bailar. A OMIX...

Publicacións Relacionadas