HomeO MorrazoMarínPrazas completas para participar no curso de etiquetado que terá lugar o...

Prazas completas para participar no curso de etiquetado que terá lugar o martes no EEIA de Marín

- Anuncio -spot_img

Segundo explican desde AJE, o perfil das empresas que participarán terá moito que ver coa produción pesqueira, a innovación, a gastronomía e a hostalaría.

Xa non quedan prazas para participar no curso de etiquetaxe que se levará a cabo no EEIA (Espazo Emprendedor de Innovación Alimentaria) de Marín. Un curso que se impartirá o martes 25 ás 10.00 horas no espazo e que trasladará información relevante para os pequenos produtores e para os hostaleiros sobre seguridade alimentaria, normativa de etiquetaxe e sobre etiquetaxe narrativo, para poñer en valor os produtos.

Impartirán a sesión Elena González, experta en seguridade alimentaria e unha das inquilinas dos despachos do Espazo Emprendedor de Innovación Alimentaria do Concello de Marín e a empresa Slow Food Compostela.

Tal e como explicou Elena na presentación do evento que se levou a cabo esta semana, a idea do curso xurdiu porque en torno á etiquetaxe aínda hai “bastante desinformación”. “A
información que se presta ao consumidor non é a máis adecuada en moitas ocasións”. Ela
encargarase de falar da etiquetaxe obligatoria, que é o que marca a normativa.

No que respecta a Slow Food, falarán da etiquetaxe narrativa. “Temos que aprender a poñer
en valor ás nosas empresas, a boa praxis. Nós queremos ensinarlles a vender, pero facéndoo desde a legalidade. Por exemplo, non se pode dicir que un produto é ecolóxico se non ten unha certificación detrás. Teremos que pensar ben como comunicar as nosas bondades e esa parte ten un potencial enorme para atraer ao nicho de mercado que busca a nosa diferenciación”.

Publicacións Relacionadas