Home Pontevedra Poio Prazo aberto para inscribirse nunha excursión a Moncao, con xantar e circuíto...

Prazo aberto para inscribirse nunha excursión a Moncao, con xantar e circuíto termar incluído

- Anuncio -

• A actividade terá lugar o 8 de xuño e daráselle prioridade ás persoas maiores e empadroadas no municipio

A Concellería de Benestar Social e Mocidade informa de que quedan prazas libres para participar nunha excursión á localidade portuguesa de Monçao.

O desprazamento será o xoves 8 de xuño, con saída da rotonda da Barca ás 11.00 horas e retorno o mesmo día ás 18.00 horas. Inclúese pasar un día na Feira en Monçao, ademais dun xantar e un acceso ao circuíto termal das devanditas instalacións. A cota a pagar é de 38 euros por persoa, que tamén inclúe o transporte.

Desde o departamento municipal infórmase de que se lle dará prioridade á veciñanza que estea empadroada no concello de Poio, así como a persoas da terceira idade. Pódese obter máis información chamando ao teléfono 986872401, así como no Pazo de Besada e na Casa Rosada. Tamén é posible resolver dúbidas enviando un correo electrónico ao enderezo benestarsocial@concellopoio.org.

Clases de Tai chi e exercicio físico
A Concellería de Benestar Social e Mocidade tamén valora positivamente a afluencia ás sesións de tai chi e exercicio físico, estes últimos a través do Programa Saudemente, que durante este ano se puxeron unha vez máis en marcha para persoas maiores. A maioría dos e das participantes superan os 70 anos, con usuarios e usuarias que roldan os 90. No caso do tai chi, trátase dunha práctica que mellora o equilibro e axuda a fortalecer tanto as extremidades inferiores como as superiores, así como os músculos da base das costas e abdomen.

Estes exercicios de hábitos saudables leváronse a cabo en diferentes emprazamentos do municipio.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas