Presentación do evento da celebración do 181 Aniversario da Garda Civil en Baiona

adminON
Lectura mínima de 2

Hoxe celebrouse no salón de plenos do Concello de Baiona o acto de presentación da celebración do 181 aniversario da creación do corpo da Garda Civil.
O subdelegado do goberno, xunto co alcalde de Baiona e o coronel xefe da comandancia, presidirán o vindeiro domingo día 18 de maio ás 12 h o acto de conmemoración do 181 aniversario da fundación da Garda Civil, que se celebrase na Avenida Arquitecto Jesús Valverde de Baiona, acompañado dun desfile pola rúa de vehículos e persoal da Garda Civil.
Durante este evento, estarán acompañados por distintas autoridades civís e militares da provincia de Pontevedra.
De 9:00 a 13:00 horas haberá unha xornada de portas abertas na mesma zona na que se poderá visitar unha caseta informativa coa exposición das diferentes especialidades dos corpos da garda civil, así como á patrulleira do servizo marítimo e o helicóptero do servizo aéreo.
No desenvolvemento do acto, no que se dará lectura aos decretos fundacionais de Corpo da Garda Civil, procederase á imposición de condecoracións, así como a entrega de placas conmemorativas ao persoal que pasou á reserva e retirado.
O obxectivo desta celebración é a renovación do compromiso de servizo á sociedade por parte da Garda Civil, o referendo da vixencia dos valores e principios sobre os que se asenta a institución e o recoñecemento e agradecemento a aqueles membros do corpo que prestaron servizo aos cidadáns desde a súa creación en 1844.
Desde o Concello de Baiona seguiremos dando o noso apoio aos eventos do corpo da Garda Civil que se desenvolvan en Baiona, facilitando a proximidade do mesmo cos veciños e visitantes da nosa vila.

Comparte este artigo