HomePontevedraO CondadoPresentación do IX Torneo Internacional sub-2200 de xadrez-IV Gran Premio Confitería Regino

Presentación do IX Torneo Internacional sub-2200 de xadrez-IV Gran Premio Confitería Regino

- Anuncio -spot_img

O salón de plenos do Concello de Ponteareas acolleu hoxe a presentación do IX Torneo Internacional Sub-2200 de Xadrez – IV Gran Premio Confitería Regino, unha cita xa consolidada no calendario deportivo galego e que reunirá o mellor do xadrez afeccionado internacional os días 15 e 16 de novembro de 2025 no CEIP Plurilingüe As Veigas.

No acto participaron a alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, o tenente de alcaldesa, Juan Carlos González Carrera, e o presidente do Club Xadrez Ponteareas, entidade organizadora do evento.

A rexedora destacou “a importancia de acoller en Ponteareas probas deportivas desta relevancia, que non só fomentan o deporte e o pensamento estratéxico, senón que tamén contribúen a dinamizar a economía local e a dar a coñecer o noso concello”.

Nava Castro convidou tamén “a toda a cidadanía a achegarse ao CEIP As Veigas para gozar dun auténtico espectáculo aberto ao público, no que poderán vivir en directo o desafío e a emoción do xadrez competitivo”.

Implicación e tradición

O IX Torneo conta co patrocinio dunha empresa local, Confitería Regino, e así se aprecia no cartel no que podemos ver a dous mestres pasteleiros. Alcaldesa e tenente de alcaldesa agradecen o apoio e implicación do tecido comercial e empresarial que respaldan aos clubs locais.

O IXTorneo Internacional Sub-2200 de Xadrez – IV Gran Premio Confitería Regino seguirá o sistema Suízo a 5 roldas con 60 minutos máis 30 segundos por xogada. A ponteareá Juana María Martínez Fernández será a árbitra da FIDE que terá o peso deste torneo válido para ELO FIDE.

Todas as persoas que desexen inscribirse ou obter máis información poderán facelo a través do blog do Club Xadrez Ponteareas https://xadrez-ponteareas.blogspot.com/

O Club Xadrez Ponteareas continúa así co seu labor de promoción do xadrez entre todas as idades e niveis, convertendo Ponteareas nun referente galego e internacional deste deporte.

Premios

Clasificación xeral:

🥇 1º – 75 € + trofeo

🥈 2º – 50 € + trofeo

🥉 3º – 25 € + trofeo

4º ao 8º – Subscrición gratuíta á aplicación Chess Openings PROMASTER

9º e 10º – Inscrición gratuíta para o X Torneo Internacional Sub-2200 de Xadrez Ponteareas

Premios especiais:

🏆 Mellor xogador Sub-2000 – Trofeo

🏆 Mellor xogador Sub-1700 – Trofeo

🏆 Mellor veterano (nado en 1975 ou anteriores) – Trofeo

🏆 Mellor Sub-16 (nado en 2009 ou posteriores) – Trofeo

🏆 Mellor Sub-14 (nado en 2011 ou posteriores) – Trofeo

🏆 Mellor Sub-12 (nado en 2013 ou posteriores) – Trofeo

🏆 Mellor Sub-10 (nado en 2015 ou posteriores) – Trofeo

🏆 Mellor Sub-8 (nado en 2017 ou posteriores) – Trofeo

Publicacións Relacionadas