Presentación do poemario “Conversas comigo mesma & emocións arrítmicas” de Anxos Castro

adminON
Lectura mínima de 1

Neste mes de febreiro, e dentro do espazo Aquí sí hai quen escriba, a Biblioteca Xela Arias de Chapela convoca unha nova sesión na que dar a coñecer a produción escrita, ou a creación noutros eidos, de veciños, veciñas e persoas da nosa contorna máis próxima. Nesta nova xeira contaremos con Anxos Castro, escritora boirense e chapeleira de corazón, que achegará a súa poesía ao público da nosa biblioteca. Farao da man da concelleira de Cultura, Mª Rita Pérez Táboas, e máis de Estrella Iglesias Durán, gaiteira durante moitos anos do grupo folclórico Anaquiños.
Será este xoves, 22 de febreiro, ás 20:00 h. na Biblioteca Xela Arias de Chapela.
A autora presentaranos o seu primeiro poemario chamado “Conversas comigo mesma & Emociones arrítmicas”, no que recolle poemas escritos ao longo de diferentes etapas da súa vida. Un poemario que ten fondo vencellado coa escrita de Rosalía de Castro, da que tamén festexamos o seu día o 23 de febreiro.

Comparte este artigo