HomeO SalnésCambadosPresentación do programa de goberno

Presentación do programa de goberno

- Anuncio -spot_img

Esta mañá, a candidatura do BNG á alcaldía de Cambados presentou ante a casa consistorial o seu Programa de Goberno para o mandato 2023-2027. Contén medidas de ámbito xeral para o conxunto do concello, e específicas para cada parroquia.

As liñas xerais e a meirande parte das medidas concretas xa estaban anunciadas. Durante as últimas semanas, froito dun proceso de diálogo coas asociacións e clubes do noso concello, tivemos ocasión de ir perfilándoo. Apenas houbo variacións, posto que previamente fixeramos a tarefa de evaluar as carencias e necesidades do concello e do movemento asociativo municipal.

Coas liñas básicas en mellorar a organización interna do concello, igualar a atención ao centro e ás parroquias, e devolverlle o protagonismo ás asociacións e clubes, este programa constitúe o noso marco de acción durante os próximos catro anos.

Instamos á veciñanza de Cambados a ler e valorar o noso programa, posto que tanto aqueles que nos voten como os que non o fagan deben saber que nel se contén a nosa liña de actuación durante os próximos catro anos.

Publicacións Relacionadas