HomePontevedraDezaPreto de 200 corredores xuntaronse para darse cita na V O Galo...

Preto de 200 corredores xuntaronse para darse cita na V O Galo Corre

- Anuncio -spot_img

• Entregáronse premios en todas modalidades e a maiores os participantes foron obsequiados cunha camiseta do evento e unha medalla participativa do evento.

O tenente de alcalde Julio López leva semanas en tensión e preocupado por que a meteoroloxía non fose adversa para o evento de O Galo Corre e a realidade foi todo o contrario, os case 200 corredores rexistrados tiveron un tempo espléndido para realizar a carreira.

Marcáronse uns tempos espléndidos nas chegadas a meta, e aínda que todos os participantes recibiron as súas medallas participativas, premiáronse aos tres primeiros postos de cada modalidade como é natural e os gañadores foron os seguintes:

Na categoría Senior Feminina:
1ª ANDREA VÁZQUEZ ÁLVAREZ

Na categoría Senior Masculina
1º LUIS MOSQUERA GONZÁLEZ
2º JAVIER GARCÍA VIDAL
3º ALBERTO PARDO MONTERO

Na categoría Sub 18 feminina
1ª MARÍA YASMÍN DIÉGUEZ REY

Na categoría Sub 18 masculina
1ºABRAHAN MARTÍN CORRAL

Na categoría Sub 20 Masculina
1º YAGO DANIEL RÍO PEREIRA

Na categoría veterano A feminina
1ª IRIA CAMPOS TRABAZO
2ª LUCÍA PEÓN SANTOMÉ

Na categoría veterano A masculina
1º MIGUEL MÍGUEZ MEIJOMIL
2º DIEGO GODOY BARROS
3º MARCOS NAVEIRA FANDIÑO

Na categoría veterano B Feminina
1ª MARGARITA BLANCO DIEGUEZ
2ª LETICIA VILAR
3ª EVA GONZÁLEZ ADÁN

Na categoría veterano B Masculina
1º MANUEL GONZÁLEZ ADÁN
2º JOSÉ RAMÓN PUGA GARCÍA
3º JUAN PARDO MONTERO

Na categoría veterano C Feminina
1ª RAQUEL ESTÉVEZ ALONSO
2ª ANA MARÍA ÁLVAREZ LÓPEZ
3ª MARI PIÑEIRO ESPERANTE

Na categoría veterano C Masculina
1º JUAN SICILIA BARCI
2º MANUEL GONZALEZ LAINS
3º MANUEL PÉREZ ARGIBAY

Na categoría veterano D Masculina
1º RICARDO REY CASTRO
2º DANIEL ÁNGEL OTERO CEPEDA
3º JESÚS GÓMEZ BERNAL

Julio López agradece a todos os participantes, e a todos e todas as persoas que fixeron posible a realización desta V O Galo Corre, como foron os voluntarios que desinteresadamente axudaron á organización e o seu bo funcionamento, por suposto ás forzas de seguridade do estado, que estiveron pendentes en todo momento do trafico de Vila de Cruces e aos nosos estimables e incansables membros de protección Civil, que nesta ocasión foron axudados pola Protección Civil de Lalín, todos eles uns grandes profesionales.

Publicacións Relacionadas