HomePontevedraBaixo MiñoPreto de 30 mulleres participarán no Mercado Elas Facedoras esta fin de...

Preto de 30 mulleres participarán no Mercado Elas Facedoras esta fin de semana en Tui

- Anuncio -spot_img

Amais haberá unha mesa de debate, actuacións musicais e un monólogo no espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela  

O espazo sociocultural da rúa Camilo José Celaacollerá este sábado 22 e este domingo 23 o Mercado Elas Facedoras dentro da programación do 8M “Os nosos dereitos, hoxe, mañá e sempre”. Participarán preto dunha trintena mulleres amosando as súas creacións en artesanía, decoración, moda, téxtil, gastronomía, xoiería, agasallo, ilustración, pintura ou escritura.

O mercado contará amais  cun programa de actividades complementarias, que incluirá unha mesa de debate, actuacións musicais e monólogos de humor.

Así́ o sábado 22 as 12 h terá́ lugar a mesa redonda “Onde estamos as mulleres na cultura?” coa participación de Andrea González, directora do IKFEM, pianista, xestora e docente, e presidenta da Confederación de Xuventudes Musicais de España; Idoia Cuesta, artesá experta en cestería contemporánea, Premio Nacional de Artesanía 2015; Nati Juncal, produtora de cinema e delegada en Galicia de CIMA; e Clara Rodríguez Cordeiro, socia fundadora e directora de proxectos de 7H Cooperativa Cultural, comisaria de Delas Fest.  A música será a protagonista o sábado pola tarde co concerto da cantautora Carolina Rubirosa ás 19 h.

Xa o domingo ás 13 h contarase coa actuación da cantautora Leticia Rey, e ás 18 h das humoristas Sobria&Serena, dúo integrado por Arantxa Treus e Jazmín Abuín.

A concelleira de Igualdade, Ana María Núñez, resalta a “importancia de visibilizar o talento das mulleres que deciden convertelo na súa forma de vida”. Ademais, incidía nas “sinerxías que poden crear entre elas neste espazo de encontro”.

O Mercado “Elas Creadoras” abrirá este sábado, 22 de marzo, de 11.00 a 14.30 h e de 16.30 a 21.00 h e o domingo, 23 de marzo, de 11.00 a 14.30 h e de 16.30 a 20.00 h. A entrada é libre.

Publicacións Relacionadas