Home Pontevedra Baixo Miño Preto de medio millar de persoas participarán este sábado no VII Urban...

Preto de medio millar de persoas participarán este sábado no VII Urban Trail Night Eurocidade

- Anuncio -

Trátase dunha proba única por ser un trail urbano, nocturno e entre dous países

Preto de medio millar de persoas participarán este sábado, 25 de novembro, no VII Urban Trail Night Eurocidade, que partirá ás 19.30 h do Centro Coordenador de Transportes de Valença, e cuxa liña de meta estará situada no Paseo da Corredoira en Tui. Contará, ao igual que en 2022, con dúas distancias 8 quilómetros e 16 quilómetros. A inscrición está aberta até ás 23.59 h deste mércores, 22 de novembro, en www.deporticket.com e en www.lap2go.com.
A proba foi presentada este mediodía na Biblioteca Municipal de Valença polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, o vereador de Desporto de Valença, Arlindo Sousa, o director técnico da carreira, Serafín Martínez de Noko 360 e Justi Peixoto de Sra Emilia Agencia de Comunicación.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, destacou a Urban Trail Night coma unha proba “emblemática do noso calendario”, do que salientou é “un calendario único no ámbito transfronteirizo da Europa occidental”. Tamén destacou coma neste evento “se retroalimentan a posta en valor do noso patrimonio e esta proba deportiva”.
O concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, remarcou que a Urban Trail Night Eurocidade é “un evento espectacular en todos os sentidos”, engadindo que se trata dunha proba consolidada no calendario deportivo da Eurocidade. Mentres o vereador de Desporto de Valença, Arlindo Sousa, destacou que o feito de que a proba sexa nocturna e internacional lle confire un carácter único.
No mesmo sendo se pronunciou o director da carreira, Serafín Martínez, sinalando que este é un evento único por ser o único trail urbano e nocturno que se celebra en Galicia. Ao tempo puxo o aceno na súa espectacularidade polo entorno no que transcorre e salientou coma o percorrido cambia cada ano, incorporando novos emprazamos aos lugares emblemáticos das dúas cidades polos que pasa cada ano coma a Fortaleza de Valença, a vella Ponte Internacional e o conxunto histórico de Tui. Este ano incorpórase no percorrido a ponte peonil sobre a desembocadura do río Loureo. Mentres Justi Peixoto explicaba que esta é un proba diferente por tratarse dun trail urbano que tenta “estreitar aínda máis os lazos da Eurocidade, e pór en valor o gran patrimonio das dúas cidades”.

Relacionadas

A Deputación organiza este luns unha xornada sobre a Lei de protección de persoas...

0
A xornada, que será inaugurada pola deputada provincial María Ramallo, está dirixida a membros de corporacións locais, secretarios e interventores da Administración Local, funcionarios...

O Concello de Redondela organiza obradoiros no Espazo Redondela Xove nas vacacións de Nadal

0
-Este Nadal organízanse por primeira vez actividades específicas para a rapazada de 13 anos en diante. Os obradoiros realizaranse no novo Espazo Redondela Xove,...

O programa SmartPeme da Deputación oferta esta semana tres novas accións formativas

0
Os obradoiros do programa de asesoramento tecnolóxico terán lugar os días 13 e 14 de decembro e estarán centrados en márketing social, contido efémero...

O Concello de Redondela organiza unha charla informativa sobre o Testamento Vital

0
O testamentos vitais, ou documento de vontades anticipades, é un escrito no que unha persoa maior de idade, capaz e libre, manifesta anticipadamente a...

O concello de Baiona acorda asinar un convenio con SOGAMA para a xestión de...

0
A Lei europea obriga ás administracións a planificación e xestión de residuos orgánicos e a Xunta de Galiza segue incidindo, dende fai máis de...

A hostalaría de Covelo aposta polo cocido galego de produción local

0
O “Cocido de Covelo” será un cocido feito na casa con produtos de proximidade e carne de vaca 100% local criada nos montes e...

Publicacións Relacionadas