Free Porn
xbporn
Home Pontevedra Baixo Miño Primeiras xornadas da Feira do Viño do Rosal con grande afluencia

Primeiras xornadas da Feira do Viño do Rosal con grande afluencia

- Anuncio -

_A Praza do Calvario repleta nunha primeira xornada de Feira con diferentes actividades para tódalas idades

O Rosal, 13 de xullo de 2024. A primeira xornada da Feira do Viño do Rosal transcorreu con grande éxito, atraendo a numerosos visitantes e amantes do viño, así como a persoas interesadas polas actividades programadas para o día de onte. O evento inaugurouse cunha cata profesional comentada de viños do Rosal a cargo de Fernando Gurucharri, antigo presidente da Unión Española de Catadores. Esta actividade permitiu aos participantes descubrir e apreciar a riqueza e diversidade dos viños rosaleiros baixo a dirección dun experto de renome, marcando un comezo perfecto para un día cheo de celebracións.

Tivo lugar o acto inaugural da Feira, evento que contou con institucións tanto autonómicas como provinciais e locais, achegando ata a Praza do Calvario a alcaldes e alcaldesas dos diferentes concellos da comarca e arredores. A tarde destacou coa celebración dun innovador Scape Room temático sobre o sector do viño. Esta actividade interactiva acolleu a cerca de 200 persoas, brindando unha experiencia única que combinou diversión e aprendizaxe sobre a tradición vitivinícola do Rosal. Os participantes puideron resolver pistas e desafíos relacionados co proceso de produción do viño, fomentando o coñecemento e a apreciación desta arte.

A xornada culminou cun vibrante concerto da Patrulla, quen interpretou versións de diversos artistas, facendo vibrar a unha Praza do Calvario repleta de xente de todas as idades. O entusiasmo e a alegría foron palpables, creando un ambiente festivo que promete un fin de semana inesquecible.

Para a xornada de hoxe sábado está prevista a celebración dunha cata dirixida pola sumiller Marina Cruces e pola tarde unha actividade de debuxo e ilustración para os máis peques, a cargo de Xosé Tomás. O toque musical o porán ao mediodía o grupo Brass Atlantic, quen tamén fará un pasarrúas pola praza ás 20.30h. A xornada rematará co concerto dos Revenidos, que interpretará diferentes versións que farán a pequenos e maiores bailar no final da xornada.

A Feira do Viño do Rosal continuará ata domingo con máis actividades como o taller de cociña para os máis pequenos a cargo de Isaac Míguez, ou o espectáculo de maxia e globoflexia, así como concertos con música ao vivo ao longo do día a cargo do Síndrome de Penny Lane e Helen & Shanna.

A Feira do Viño consolídase como un evento imprescindible para os amantes do viño de calidade e singularidade, así como da cultura, patrimonio e arte galega.

Relacionadas

A Deputación recibe a Héctor Abad Faciolince na antesala do encontro Pontevedra Literaria

0
A Deputación de Pontevedra recibiu este xoves a Héctor Abad Faciolince, un dos autores que encabezan o cartel do encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e...

O concello de Nigrán ofrece o domingo o teatro inmersivo de pallasos en rebeldía...

0
Trátase dunha montaxe teatral plantexada como unha experiencia participativa que converte ao espectador nun refuxiado máis. A obra denuncia a traxedia que as políticas...

O BNG esixe unha actuación para acabar coa ‘Escombreira’ da parcela existente entre Progreso...

0
Os nacionalistas dan voz ás queixas de varios veciños e veciñas do casco urbán de Sanxenxo, que amosan a súa preocupación polo mal estado...

O alcalde de Nigrán supervisa en Mozambique os novos proxectos de cooperación doo Fondo...

0
Juan González acude en calidade de presidente desta entidade supramunicipal xunto a representantes de As Neves e Viveiro co obxectivo de definir as futuras...

A Deputación supervisa os traballos de execución de cunetas de seguridade na estrada provincial...

0
A deputada Isabel Couselo recorreu esta actuación de seguridade viaria que se está a desenvolver nesta estrada provincial ao abeiro no acordo marco de...

O BNG de Vigo pide explicacións ao Goberno municipal polo atraso nas axudas de...

0
Denuncian que despois de máis dun mes de finalizado o prazo de solicitude das becas nada se sabe sobre a súa xestión A fronte nacionalista...

Publicacións Relacionadas