HomePontevedraProfesorado do CEIP Emilio Ferreiro de Cerceda visitan o CRA de Vilaboa

Profesorado do CEIP Emilio Ferreiro de Cerceda visitan o CRA de Vilaboa

- Anuncio -spot_img

Coñeceron o funcionamento e espazos creativos do centro escolar vilaboés no marco do programa educativo “Observa Acción”

Profesorado do CEIP Celso Emilio Ferreiro de Cerceda (A Coruña) visitou o CRA de Vilaboa no marco da segunda fase do programa “Observa Acción”. Os docentes visitaron as cinco escolas do CRA (Barciela, Bértola, Figueirido, Paredes e Pousada), a súa BiblioCRA e o espazo de “Polos Creativos” “CRAcreando”.

Alí o profesorado tivo un café reflexivo e de encontro compartido co alcalde de Vilaboa, César Poza González, no que intercambiaron puntos de vista sobre a educación no rural e o traballo que se está a desenvolver en Vilaboa.

Para rematar a xornada de traballo o profesorado visitou a “Flor da Paz” do CRA nas Salinas do Ulló.

César Poza valora este intercambio como unha experiencia interesante, e as observacións en aula moi constructivas.

O traballo continuará o próximo luns día 29 cando 5 mestres do CRA viaxen ata Cerceda para coñecer o seu centro.

“Observa Acción” é un programa de observación docente no que o profesorado vilaboés entra nas aulas do centro asignado, co que intercambia boas prácticas docentes durante un máximo de 2 días, mentres actuará como mentor e observador, compartindo, colaborando, reflexionando, observando e formándose mutuamente.

En concreto o CRA de Vilaboa traballa nas competencias dixitais na educación e transformación de centros e a competencia en innovación e investigación.

Publicacións Relacionadas