Home Pontevedra Ponte Caldelas Prohibido enfermar en Ponte Caldelas

Prohibido enfermar en Ponte Caldelas

- Anuncio -

A Xunta do PP castiga ás veciñas e veciños de Ponte Caldelas recortando a nosa Sanidade Pública unha vez máis.

No centro de saúde de Ponte Caldelas hai, nestes momentos, un só médico en vez dos tres que tiña que haber. Unha situación que se está a vivir en Ponte Caldelas, ao igual que en moitos outros concellos do país, froito de 13 anos de insistentes políticas do PP na Xunta destinadas a estragar a sanidade pública.

A portavoz nacionalista en Ponte Caldelas, Sol Seoane, lembrou que até a Xunta do PP fixo ouvidos xordos todos estes anos ás advertencias que desde o ámbito da sanidade e desde o ámbito político se estaban a realizar sobre a posibilidade de colapso na atención primaria se non se adoptaban medias.

Coñecedores da situación non só non fixeron nada, senón que votaron en contra d proposta feita polo BNG no Parlamento Galego para aprobar un plan de 200 millóns para mellorar a sanidade pública, que permita contratar novos profesionais e dotar á atención primaria dos recursos suficientes para garantir unha sanidade pública galega de calidade, afirmou Sol Seoane.

“Estamos fartas -afirmou a portavoz nacionalista-. Queremos e esiximos unha sanidade pública en condicións. Basta xa de botar balóns fóra e non asumir as súas responsabilidades. É urxente un cambio de rumbo, porque a saúde é o primeiro, e con ela non se xoga”.

Relacionadas

Luis López destaca a aposta da Deputación pola mocidade e o apoio aos concellos...

0
O presidente da Deputación, acompañado polo deputado de Cultura, Jorge Cubela, presenta o programa pioneiro “O teu espazo xuvenil” nun acto con alcaldes, concelleiros...

O Concello de Tui destina 10.000€ para as e os deportistas tudenses que participen...

0
O prazo de solicitude está aberto até o 15 de outubro Até o 15 de outubro está aberto o prazo para solicitar as bolsas a...

O Concello convocará 300 prazas para os campamentos de conciliación deste verán

0
O prazo para a inscrición abrirá o 2 de maio e serán entre xullo e agosto, no Sequelo, na Casa de Cultura de Mogor...

Luis López recibe no Pazo Provincial ao alumnado de terceiro e cuarto de Primaria...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibiu este luns aos alumnos e alumnas de terceira e cuarto de Educación Primaria do CEIP...

O crítico literario e investigador Armando Requeixo estará en Mondariz para afondar na figura...

0
O Concello de Mondariz recibirá ao crítico literario, investigador en Humanidades e profesor Armando Requeixo este venres día 26 no marco do programa “Abril...

A Deputación de Pontevedra envía ao Concello de Vigo o convenio que compromete preto...

0
O presidente Luis López informou hoxe que a institución provincial “está lista para asinar canto antes o convenio de colaboración e escenificar o entendemento...

Publicacións Relacionadas