HomeTabeirósCerdedo - CotobadeProtección Civil de Cerdedo-Cotobade pecha o ano con 240 operativos de atención...

Protección Civil de Cerdedo-Cotobade pecha o ano con 240 operativos de atención á cidadanía en incidencias e emerxencias

- Anuncio -spot_img

Cubela salienta o labor dos voluntarios desta agrupación non so en accións de socorro de accidentes senón tamén na asistencia domiciliaria que durante os momentos duros da Covid-19 se lle proporcionou á poboación en situación de vulnerabilidade
A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cerdedo-Cotobade, dirixida por Javier Lois, vén de pechar o ano 2020 cun balanzo que revela máis de 240 operativos de atención á cidadanía en incidencias e emerxencias realizados durante este exercizo.
Os voluntarios de Protección Civil de Cerdedo-Cotobade centraron as súas intervencións durante o ano que acaba de rematar en servizos de emerxencia e accidentes, reparto de alimentos, máscaras e medidas de protección fronte á Covid-19, distribución de mediciñas, extinción de incendios, etc.
Para o alcalde, Jorge Cubela, o labor da Agrupación de Voluntarios de
Protección Civil foi fundamental para atender todas as necesidades que houbo que cubrir desde o punto de vista asistencial durante os momentos máis duros do confinamento e de loita contra a pandemia.
Así, durante o primeiro mes do Estado de Alarma e o confinamento a Agrupación de Protección Civil de Cerdedo-Cotobade realizou 90 servizos de atención á cidadanía vencellados á crise sanitaria do coronavirus e foron un apoio fundamental para levar a cabo as accións do comité de seguimento do Concello coordinado polo alcalde Jorge Cubela.

Concello de Cerdedo-Cotobade A súa colaboración fou fundamental na entrega a domicilio de comida, medicamentos e subministros básicos a persoas maiores, familias
vulnerables ou con problemas de mobilidade, a atención xeralizada á terceira idade, a concesión de cheques alimentarios, o transporte de materiais educativos, o reparto de mascariñas aos máis de 5.600 veciños e as desinfeccións periódicas dos centros de saúde, establecementos abertos ao público, zonas comúns e a rede de contedores de lixo.
“Contar cun servizo de voluntarios como o de Protección Civil, perfectamente coordinado por Javier Lois, non só é un privilexio para o noso concello senón un auténtico orgullo. Grazas a eles poidemos atender ás persoas en situación de máxima vulnerabilidade que durante os momentos duros do confinamento tivemos que levarlles mediciñas e alimentos ou axudalos en desprazamentos médicos ou a facer xestións esenciais. Nos momentos duros tivemos a sorte de contar con homes e mulleres con auténtica vocación de servizo que foron quen de dar a resposta cidadá que precisabamos para que ninguén se quedara atrás, desde o punto de vista asistencial, psicolóxico, emocional e mesmo humano, no noso municipio. Por eso e por todo o que fan quero trasladarlles públicamente o meu afecto e o recoñecemento de toda a Corporación Municipal ao labor que fan estas persoas voluntarias”, indicou Jorge Cubela.
A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cerdedo-Cotobade, cumprirá o mes que vén os seus primeiros catro anos de vida e leva xa casi dous baixo a coordinación de Javier Lois, afrontando con garantías todo o proceso de especialización e unha acción de rápida resposta ante calquer emerxencia grazas á formación constante do persoal e á dotación de
importantes medios materiais por parte da Xunta.
O presidente desta agrupación de voluntarios, Javier Lois salienta “o importante compromiso deste colectivo humano que vai moito máis alá do que cabería esperar de persoas con vocación de servizo. Esta dedicación e entrega é o que nos fai ser moi operativos e nos permite aumentar os nosos coñecementos formativos para actuar do mellor xeito posible nos incidentes e nos problemas que se nos presentan en materia de asistencia e socorro á cidadanía. Estou moi orgulloso e satisfeito do equipo que conformamos e do rendemento social que supomos para un concello como o noso”, indicou Lois.

Un total de 15 persoas compoñen a Agrupación de Voluntarios que sedistribúen tanto polo territorio de Cotobade como de Cerdedo atendendo as demandas en materia de protección civil que se vaian plantexando, perfectamente coordinados cos mandos de emerxencias operativas en Galicia. Dispoñen tamén de material moderno de intervención en accidentes e sinistros grazas á estreita colaboración da Xunta de Galicia, que lles permite estar dotados de importantes medios materiais para a atención das incidencias do concello a través de vehículos especializados, unha furgoneta pick-up e un camión de extinción de lumes, unha máquina esparexedora de sal, un remolque multifuncional de emerxencias con iluminación, unha tenda de campaña de grandes dimensións e ferramentas diversas, dende motoserras ata os equipos de retirada de niños de velutina, entre moitos outros.

Publicacións Relacionadas