Publicadas as bases do Concurso de Carteis da XXX Festa da Lamprea

adminON
Lectura mínima de 2

O Concello de Arbo convoca un ano máis o concurso de carteis con motivo da celebración da “XXX Festa da Lamprea Seca” que terá lugar os días 8, 9 e 10 de agosto do ano 2025.

Este concurso ten como obxectivo deseñar o cartel para a “XXX FESTA DÁ LAMPREA SECA” promovendo así a festa gastronómica do Municipio.

Poderán participar no concurso todos os interesados no mesmo.

Tema: XXX FESTA DÁ LAMPREA SECA

Soporte: As propostas poderán ser entregadas en calquera soporte que os participantes consideren acorde e en soporte electrónico á máxima resolución.

Poderán presentarse como máximo dous carteis por participante. Os traballos serán presentados nun sobre pechado e acompañados dun sobre adicional tamén pechado no que figurarán os datos persoais do participante, fotocopia do DNI e domicilio e teléfono ou medio de contacto. De ser dous os carteis, deberán achegarse en sobres distintos.

Nos carteis deberá incluírse de maneira correcta as letras e a edición da festa correspondente ao ano 2025 “XXX FESTA DÁ LAMPREA SECA 8, 9 e 10 de agosto do ano 2025.”.

Material: Os materiais para empregar poderán ser lapis de cores, ceras, acuarelas, témperas, colaxe etc.

Establécense os seguintes premios:

1º Premio: 400,00 euros.
2º Premio: 300,00 euros.

O prazo para a entrega das propostas de carteis finalizará o día 28 de febreiro de 2025.

Más información en  https://festadalamprea.gal/2025/01/22/xii-certame-de-carteis-brais-alonso/

Comparte este artigo