Queremos Galego chama á mobilización polo futuro da lingua

adminON
Lectura mínima de 1

O Pazo da Cultura de Pontevedra acolleu na tarde deste xoves, 23 de xaneiro, o plenario comarcal da plataforma cidadá Queremos Galego. Medio cento de persoas representando a diferentes entidades culturais, sociais e políticas participaron deste encontro previo á grande mobilización do vindeiro 23 de febreiro.

Deste plenario tamén saíron as persoas que ocuparán a coordinación e a portavocía de Queremos Galego en Pontevedra. Por unha banda, Diego Bará seguirá coordinando o traballo organizativo e a profesora e xornalista, María Obelleiro, exercerá como portavoz.

“A nosa intención é reactivar o compromiso cidadán en defensa da lingua”, ante unha situación, din “de emerxencia lingüística”, mais que en todo caso “é reversible se nos mobilizamos e se as institucións, especialmente a Xunta, dan cumprimento á lexislación”, afirman.

Desde a organización irán anunciando diversas accións e actividades que se levarán a cabo nas semanas previas á manifestación nacional do 23 de febreiro que sairá ás 12h da Alameda de Compostela e rematará na Praza do Obradoiro.

“Animamos a calquera entidade e persoas a título individual a se sumaren á plataforma, e que se mobilicen o día 23, polo futuro do idioma” conclúe Bará.

Comparte este artigo