HomePontevedraO SalnésQueremos nomear Rúa “8 de Marzo” mudando o de Conde Vallellano para...

Queremos nomear Rúa “8 de Marzo” mudando o de Conde Vallellano para honrar con xustiza ás mulleres e ao feminismo

- Anuncio -spot_img

Rosa Abuín: “O nome da rúa Conde Vallellano que debe mudarse por mandato legal de Memoria Democrática é inmellorábel ocasión para asociala ao símbolo do 8 de Marzo”

Sen discusión o 8 de marzo é, desde hai máis de cen anos, unha data internacional de reivindicación e loita pola igualdade de dereitos das mulleres. Máis aínda, nos últimos anos, a forza do feminismo galego conseguiu desenvolver mobilizacións absolutamente históricas nas que o noso país amosou o seu compromiso coa construción dunha sociedade máis xusta. Neste senso, malia os dereitos conquistados nas últimas décadas é preciso seguir impulsado medidas encamiñadas a garantir o cumprimento dos dereitos e obrigas recoñecidos a día de hoxe na lexislación vixente; impulsar novas políticas e seguir a traballar de maneira transversal en todos os ámbitos para conquistar novos dereitos e impedir calquera retroceso nos xa recoñecidos.

Por iso denunciamos que, co pretexto da crise, se está empobrecendo ás traballadoras a través dunha suba inxustificábel dos prezos de produtos e servizos básicos sexan alimentación, enerxía, ou hipotecas, imposíbel de asumir cuns salarios que non permiten manter unha vida digna. Precísanse outras políticas que poñan fin a esta inxustiza. Política públicas que, no ámbito municipal, precisan da extensión dos servizos públicos en materia de coidados incrementando o número de prazas públicas de escolas infantís, centros de día e de discapacidade co obxectivo de garantir a co-responsabilidade social.

Queremos, tamén, que Vilagarcía mostre o seu apoio á causa das mulleres e ao movemento feminista na defensa dos dereitos das mulleres e o seu compromiso por promover a igualdade real entre mulleres e homes, nomeando “Rúa 8 de Marzo” á de Conde Vallellano contraria ao mandado pola norma legal vixente en materia de Memoria Democrática.

Publicacións Relacionadas