Quinta edición de Galegas Dixitais no Porriño

adminON
Lectura mínima de 1

• As interesadas en participar no programa de dixitalización para mulleres poden formalizar xa a súa inscrición

Tras o éxito das anteriores quendas o Concello do Porriño pon en marcha a quinta edición do programa de adquisición de competencias dixitais para mulleres, Galegas Dixitais.

Nesta actividade formativa adquirirán competencias dixitais para o día a día, avanzadas para a mellora da capacitación laboral e tamén para o emprendemento. As participantes recibirán un ordenador portátil gratis e o título acreditativo oficial.

Será en quenda de tarde e como en anteriores ocasións desenvolverase nas instalacións de Porremprego, no Multiusos de Torneiros.

As interesadas poden inscribirse xa, enviando un email a orientación@porremprego.org ou orientación@oporrino.org, tamén poden facelo presencialmente nas oficinas de Porremprego.

Comparte este artigo