• “Aspiramos a ser unha cidade que favoreza a creación de emprego, traballando para deixar de ser unha das urbes galegas con maior taxa de paro, especialmente alta entre mulleres e novas. Non podemos permitirnos seguir botando empresas”, dixo o candidato do PPdeG á Alcaldía de Pontevedra
• “Temos que implementar un plan de tráfico que solucione os constantes atascos que temos na cidade. O peche ilóxico de rúas, como Raíña Vitoria, ou os cambios de sentido nas vías de acceso ao centro da cidade, dificultan o día a día dos pontevedreses e das persoas que nos visitan”, subliña
• “A nosa cidade non se pode entender sen o deporte. Temos que seguir proxectando a Pontevedra como sede de grandes eventos, pero tamén debemos estar atentos ás nosas bases. É fundamental que os nosos mozos teñan todas as facilidades para poder practicar o deporte que queiran”, incide
• Domínguez destaca o vínculo entre Pontevedra e a Universidade: “Temos que potenciar a presenza desta entidade na nosa cidade. Pontevedra e a Universidade forman o tándem perfecto”
A PONTEVEDRA DO FUTURO
• Os populares mostran a importancia da redacción dun novo Plan Xeral de Ordenación Urbana. “A cidade ten que abrirse á ría e deixar de darlle as costas”, defendeu Domínguez
• “Ofrecemos ilusión, xestión e traballo fronte a proxectos que xa se esgotaron. Os pontevedreses están a pedir un cambio e poden confiar en nós”, argumentou o candidato



