• Sublíñase, unha vez máis, “a incapacidade do goberno local para sacar adiante proxectos e xestionar correctamente os recursos da cidade. O que no seu momento inaugurouse como un proxecto emblemático hoxe é un claro exemplo de abandono e falta de visión”.
Rafa Domínguez, portavoz do Partido Popular de Pontevedra denunciou hoxe a situación do espazo da parte superior do Mercado de Abastos, que hoxe cumpre exactamente seis anos desde a súa inauguración polo alcalde #Miguel Anxo Fernández Lores.
“O proxecto, presentouse como unha iniciativa para dinamizar a zona e dar vida á cidade, cun orzamento inicial elevado e recursos anuais destinados ao seu mantemento. Hoxe vemos que a maioría dos locais permanecen pechados e non existe ningunha intención de reabrilos. Os pontevedreses vimos como se desperdiciaron recursos públicos nun espazo que non cumpre a súa función”, declarou o portavoz.
Na súa inauguración, o Gastroespazo contaba unicamente con 13 locais abertos e nunca se chegou a ofertar a totalidade dos 41 espazos dispoñibles, desaproveitando así a oportunidade de xerar máis actividade económica e emprego.
Isto súmase ao abandono crónico deste goberno local do BNG: abandona as parroquias, abandona os barrios, abandona a seguridade da cidade…relegando a Pontevedra ao lugar que non lle corresponde, nin como capital de provincia nin como unha das sete grandes cidades de Galicia. A nosa cidade merece dinamismo e proxectos de futuro, non abandono e parálise.
Desde a oposición sublíñase, unha vez máis, “a incapacidade do goberno local para sacar adiante proxectos e xestionar correctamente os recursos da cidade. O que no seu momento inaugurouse como un proxecto emblemático hoxe é un claro exemplo de abandono e falta de visión”.
O portavoz esixiu ao goberno municipal que asuma responsabilidades e presente un plan claro para recuperar a vitalidade do Mercado de Abastos, de maneira que os cidadáns poidan ver reflectida o investimento público en proxectos útiles e sostibles no tempo.