- O vicepresidente da Deputación de Pontevedra mantivo unha xuntanza con Iago Tomé, Carmen Vázquez e César Ródriguez, que tamén lle agradeceron que a Deputación presente mañá a moción para esixir de maneira inmediata ao Goberno o desbloqueo da dragaxe
- “En moitas zonas pasamos de ter 5-6 metros de profundidade a só 1 metro. As correntes mobilizan constantemente a area en diferentes zonas e todo iso está prexudicando gravemente o marisqueo. A ría acumula cada vez máis lodo o que lle está afectar moito aos bancos marisqueiros. Non se pode esperar máis”, coincidiron os tres patróns maiores
Pontevedra, 30 de xullo de 2025.- O vicepresidente da Deputación, Rafa Dominguez mantivo unha xuntanza cos patróns maiores das confrarías de Raxó, Pontevedra e Lourizán, Iago Tomé, César Rodríguez e Carmen Vázquez, respectivamente, onde escoitou as súas queixas e reinvindicacións, e deron traslado da enorme importancia que ten para o seu traballo e para os petos de todas as familias que viven do marisqueo da ría, da tan necesaria e imprescindible dragaxe do río Leréz.
Rafa Domínguez avanzoulles que mañá, o Grupo Provincial do Partido Popular na Deputación de Pontevedra presentará no Pleno unha moción na que se insta a que de maneira inmediata o Goberno central desbloquee a situación da dragaxe do río Lérez e lamentou que 5 anos despois o Goberno central siga sen facer absolutamente nada máis que poner paus nas rodas nun asunto tan importante para Pontevedra desde hai décadas
Os patróns maiores deron traslado ao vicepresidente da Deputación, que esta actuación é de vital importancia tanto para o marisqueo a flote como a pé na ría de Pontevedra. “En moitas zonas pasamos de ter 5-6 metros de profundidade a só 1 metro. As correntes mobilizan constantemente a area en diferentes zonas e todo iso está prexudicando gravemente o marisqueo. A ría acumula cada vez máis lodo o que lle está afectar moito aos bancos marisqueiros”, explicaron.
Os representantes das confrarías lamentaron que se siga sen facer nada. “Non se pode esperar máis”, coincidiron os tres patróns maiores