HomeDeputaciónsDeputación PontevedraRafa Domínguez participa na inauguración da VI Xornada de Responsabilidade Social Empresarial...

Rafa Domínguez participa na inauguración da VI Xornada de Responsabilidade Social Empresarial de Foro Empresa Pontevedra

- Anuncio -spot_img

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou este venres na VI Xornada de Responsabilidade Social Empresarial organizada por Foro Empresa Pontevedra. O evento levou por título “Presentación do Observatorio Económico da Área e a Ría de Pontevedra” e nela abordáronse cuestións como as economías azul, verde e de servizos e de comercio. Ademais, a directora de Turismo da Deputación, Romina Fernández, participou na mesa redonda dedicada a esta última cuestión, centrada na “proximidade como xeradora de valor económico, social e medioambiental”.

Durante a inauguración, o vicepresidente Domínguez lembrou que “a sociedade demanda responsabilidade ás empresas, que se comporten de forma xusta e teñan os seus mesmos valores e compromiso, e desde o seo das institucións temos a obriga de comportarnos dun xeito responsable e ético”. Rafa Domínguez asegurou que “a economía azul e verde son moi importantes para a nosa provincia, e a responsabilidade debe ser un valor diferencial que consolide a nosa posición no mercado”. Ademais, recordou o compromiso da Deputación coa posta en valor do comercio de proximidade, “con proxectos como Move, a rede que conecta o comercio local, ou programas de formación para adaptalos á realidade do mercado e facelos máis competitivos, como SmartPeme+”.

Publicacións Relacionadas