Home Deputacións Deputación Pontevedra Rafa Domínguez pon en valor a “emocionalidade máis alá da alegría” das...

Rafa Domínguez pon en valor a “emocionalidade máis alá da alegría” das obras de Antón Pulido na segunda das conferencias de “Conversas con arte”

- Anuncio -

“O noso obxectivo con este ciclo é achegar á cidadanía as grandes figuras artísticas vencelladas con Pontevedra e apoiar, impulsar e promocionar o renacemento cultural que está a vivir Galicia” subliñou o vicepresidente

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra inaugurou no Salón de Plenos do Pazo provincial a segunda das conferencias do ciclo “Conversas con arte”, que foi protagonizada polo artista Antón Pulido, o artista da “emocionalidade máis alá da alegría”. Rafa Domínguez subliñou que o obxectivo deste ciclo “é achegar á cidadanía as grandes figuras artísticas vinculadas con Pontevedra e apoiar, impulsar e promocionar o renacemento cultural que está a vivir Galicia”.

“Conversas con arte” responde, ademais, a unha aposta persoal do vicepresidente provincial a través do Museo de Pontevedra para seguir avanzando no posicionamento da provincia como lugar cultural e artístico por excelencia. Neste eido, Domínguez puxo en valor que segundo os expertos hai máis de mil artistas de contrastada calidade vinculados coa provincia de Pontevedra. E, entre eles, o vicepresidente enxalzou a traxectoria de Antón Pulido, “un dos artistas máis internacionais de Galicia” co que foi posible dialogar no Salón de Plenos nun acto presentado por Antón Castro que contou coa proxección dalgunhas das súas obras máis representativas.

“Conversas con arte” arrancou o pasado mes de abril cunha conferencia a cargo de José María Barreiro. Tras esta segunda “conversa” con Antón Pulido, o programa continuará nos vindeiros meses con outras figuras e artistas de impacto internacional con vínculo coa provincia. O obxectivo é difundir as diferentes manifestacións artísticas que xurdiron e xorden na provincia así como as grandes personalidades vencellas a diferentes movementos nadas ou relacionadas con Pontevedra. Deste xeito a conferencia de Antón Pulido estará a disposición das persoas interesadas en formato vídeo e pódcst nas plataformas YouTube e Spotify.

Antón Pulido
Antón Pulido naceu en Amoeiro en 1944 e reside desde hai máis de catro décadas na cidade de Vigo. É licenciado en Belas Artes pola Escola Superior de San Jordi, na especialidade de pintura e gravado, e tense convertido nun dos pintores galegos de maior relevancia internacional. Na década dos 60 inicia o seu percorrido expresionista coa vontade de xerar un estilo propio e a partir dos 70 a pegada de Matisse faise evidente. Xa nos 80 transmite o seu estado anímico á paisaxe e nos 90 aposta pola xeometría espacial para ir avanzando cara temas emocionantes. Ao longo da súa traxectoria ten recibido numerosos recoñecementos como o premio da Crítica de Galicia en Artes Plásticas ou o premio Trasalba a toda unha vida dedicada á arte.

Relacionadas

Armando Bastida, criar con sentido común ou como educar sen morrer no intento

0
A Semana da Educación arrancou este luns a súa décima edición coa conferencia do enfermeiro experto en saúde infantil e educación, que ofreceu ao...

Arbo e Sainte-Terre fortalecen lazos de unión coa firma do irmandamento en Francia

0
• No Salón de Plenos do Municipio de Sainte-Terre, levou a cabo a firma oficial do Memorando de Entendemento entre Santa Terre (Francia) e...

O Pavillón de Carballedo pasará a denominarse “Xose Luis Bouzas Ambroa, O Rubio”

0
O PP vota NON a reclamar a mellora do tendido eléctrico, e impide o debate dunha moción de rexeitamento a megacelulosa de Altri O Pleno...

O Concello de As Neves segue mellorando os accesos ás vivendas da veciñanza

0
• Actuacións na zona de Guláns/Estación para  garantir mellores infraestruturas locais  As Neves a 10 de febreriro de 2025.- O Concello de As Neves continúa...

O Concello lanza unha campaña especial por San Valentín

0
Con “Tui, meu amor” aposta por eventos inmersivos para disfrute de toda a familia O Concello de Tui presenta a campaña "Tui, Meu Amor" con...

A Eurocidade Tui-Valença celebra trece anos de cooperación transfronteiriza

0
Un concerto este sábado ás 21 h no Teatro Municipal conmemorará este aniversario A Eurocidade Tui-Valença celebra trece anos de cooperación transfronteiriza cun concerto a...

Publicacións Relacionadas