O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, visitou esta mañá aos rapaces e rapazas que participaron na primeira regata de piragüismo da Liga Provincial Pontevedra-DepoEscolas 2025, na que se deron cita arredor de 230 deportistas de entre 8 e 12 anos de 19 clubs diferentes da provincia, que competiron en embarcacións K-1 sobre unha distancia de 1.500 metros. A cita forma parte do DEPOrte Escolas, o programa gratuíto da Deputación a través do cal, en colaboración e coordinación coas federacións deportivas, se fomenta a actividade deportiva entre os escolares do conxunto da provincia.