HomeO MorrazoMarínRamallo apoia a coordinación entre administracións que propón a Xunta de Galicia...

Ramallo apoia a coordinación entre administracións que propón a Xunta de Galicia para a xestión das axudas directas aos sectores máis afectados pola pandemia

- Anuncio -spot_img

A alcaldesa, María Ramallo, recibiu hoxe como unha boa nova a proposta realizada pola
Xunta de Galicia de articular un fronte común entre o Goberno autonómico, as
Deputacións provinciais e os concellos para salvar do peche ás empresas e autónomos
galegos, habilitando liquidez directa para que sectores tan castigados como a hostalaría
poidan sobrepoñerse a estes durísimos momentos.
“É evidente que neste contexto de restricións nos que se atopa a hostalaría, especialmente,
pero tamén outros sectores, todas as administracións temos que aportar o noso grao de
area, traballando de xeito coordinado para paliar os efectos económicos da pandemia”,
asegurou a rexedora.
Segundo a proposta da Xunta, o obxectivo é que os concellos, como sería o caso de Marín,
aporten unha porcentaxe do 20% dese Fondo de Cooperación Covid-19, que suporá un
alivio monetario a aqueles negocios que están traballando a medio gas ou directamente
que frearon a súa actividade económica.
Ramallo considera que facendo este esforzo común, aportando cada administración o que
pode segundo a súa magnitude pero baixo un mesmo paraugas e cun obxectivo claro,
“seremos moitísimo máis eficaces que se seguimos lanzando liñas de axuda cada un por
libre. A coordinación axudaranos a chegar mellor aos sectores que máis nos precisan,
investindo mellor os recursos”.
Desde o Goberno local, foron moitas as medidas que se aplicaron para axudar á hostalaría
e ao comercio durante a pandemia, como foi a prorrogación do pago de determinados
impostos, a suspensión durante os peches de actividade dalgúns outros como o do lixo e
a auga, a exención total da taxa de terrazas durante todo 2020 e o 2021, o impulso da
plataforma de visibilidade dixital Marín en Rede ou a posta en marcha do programa
Reactiva Marín, que ofrecerá formación gratuíta para os negocios da vila.

Publicacións Relacionadas