HomeO MorrazoMarínRamallo pide unidade para sacar adiante as axudas á hostalaría, que prega...

Ramallo pide unidade para sacar adiante as axudas á hostalaría, que prega que sexan xestionadas pola Xunta

- Anuncio -spot_img

“Se a tramitación destas liñas de apoio aos sectores que peor o están a pasar na pandemia recae nos Concellos, será unha carga de traballo engadida que nos custará moito asumir e do que se trata agora é de que sexamos eficaces”, asegurou a alcaldesa, que considera que a administración autonómica é a que debe facerse cargo da tramitación deste novo plan de investimento para paliar as perdas económicas de hostaleiros e autónomos.

A alcaldesa María Ramallo pronunciouse esta tarde sobre o segundo plan de axudas que está a propoñer a Xunta de Galicia para os sectores que peor o están a pasar coas restricións derivadas da pandemia, como son a hostalaría e os autónomos que viron a súa actividade freada como consecuencia das medidas tomadas nos últimos meses.
“Espero e desexo que esta segunda fase do plan saia adiante”, afirmou a rexedora, “xa que as persoas que teñen o seu negocio pechado están a pasalo moi mal. Non podemos perder o tempo e temos que ter unha visión de futuro baseada na unión das administracións”, aseverou.
Nesta liña, Ramallo prega que a tramitación deste fondo, que contaría coa cofinanciación de Deputacións e de concellos, “non recaia nos máis pequenos, nos concellos, senón que a xestione a Xunta de Galicia. É un favor que nos fan, porque asumir nós esa carga de traballo engadida é moi difícil”.
Ademais, a alcaldesa lembra que a Xunta de Galicia, que é a administración que máis porcentaxe investirá neste Fondo de Recuperación Covid, xa tramitou a primeira fase desas axudas, “polo que será moito máis efectivo que as continúe xestionando desde o Goberno autonómico”.
A rexedora marinense rematou asegurando que “non é momento para pensar en cálculos de ningún tipo, senón para procurar as maneiras máis eficaces e rápidas de que as axudas cheguen o antes posible aos que as precisan”.

Publicacións Relacionadas