HomeO MorrazoMarínRecibidas máis de 170 solicitudes para optar a unha praza nos campamentos...

Recibidas máis de 170 solicitudes para optar a unha praza nos campamentos de conciliación de verán do Concello

- Anuncio -spot_img

Recibidas máis de 170 solicitudes para optar a unha praza nos campamentos de conciliación de verán do Concello

O prazo de presentación da documentación para participar remata o mércores da próxima semana.

Pode facerse tanto online como presencial, con cita previa.
O Concello leva recibidas, desde a apertura do prazo de presentación, máis de 170 solicitudes para optar a unha praza nos campamentos municipais de conciliación que se ofertan para os meses de verán, dirixidos para rapazada de entre 3 e 12 anos.

A concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín, lembra que o prazo remata o mércores da semana próxima e aínda quedan prazas, “xa que en total ofertamos 250”.A inscrición poderá realizarse de dúas maneiras: de xeito telemático, a través da sede electrónica do Concello de Marín, ou presencialmente, presentando a documentación requerida no Rexistro municipal.

Para facelo de xeito online é preciso contar con un certificado dixital. No caso de non telo,
pode solicitarse ao Concello para conseguilo a través deste link:
http://www.concellodemarin.es/expedicion-de-certificado-dixital/
No caso de que a solicitude de praza para o campamento se realice de maneira presencial é
obrigatorio pedir cita previa, ben a través deste enlace
(https://sede.concellodemarin.es/Default.aspx?key=ywhv8ARPM/nr0PlcW+YkqGlHCxwyah
nGY0nQWQdIwck8HyJ2zrAVvRqgoeLAaM1KLV1sdjUoL42vFMc8B3XbhQ==) ou
chamando ao teléfono 986 88 03 00. Neste caso, o máximo de solicitudes que pode presentar unha persoa é de 5.

O precio será o mesmo que todos os anos, 30 euros por cada neno ou nena.
Forma de pagoRecibidas máis de 170 solicitudes para optar a unha praza nos campamentos de conciliación de verán do Concello

O pago do prezo público poderá realizarse mediante domiciliación bancaria, por pago telemático ou de xeito presencial nas oficinas da Tesourería municipal.

Para o pago por domiciliación bancaria, o solicitante debe autorizar ao Concello de Marín
para adebedar na conta que se indique (da que o solicitante debe ser titular) o importe do
prezo público. O cargo na conta será realizado o 4 de xuño de 2021.
A domiciliación que se autorice será exclusiva para o pago do prezo público de campamentos de verán do ano 2021, non afectando ao outros tributos ou ingresos de dereito público nin a períodos posteriores. Se o cargo do prezo público non é atendido nos prazos establecidos para elo, considerarase que NON foi efectuado o pago.

No caso de realizar o pago telemático, haberá de prazo ata o día 7 de xuño de 2021. Para elo o solicitante pode efectuar o pago con cargo a unha tarxeta bancaria a través da pasarela de pago do Concello de Marín. O procedemento a seguir é o seguinte:
• Entrar na sede electrónica do Concello de Marín (sede.concellodemarin.es)
• Clickar na opción RECIBOS E IMPOSTOS > módulo de AUTOLIQUIDACIÓNS DE TAXAS E PREZOS PÚBLICOS > opción CAMPAMENTOS DE VERÁN
• Xerar a autoliquidación. Deberá efectuarse a correspondente autoliquidación por importe de 30,00 euros.
• Elixir opción de pago: unha vez elaborada a autoliquidación deberá escollerse a opción de
PAGAR ONLINE, que o dirixirá a unha pasarela de pagos na que se pode efectuar o pago
con cargo a unha tarxeta emitida por calquera entidade financeira.
• Efectuar o pago. Elixir a opción de PAGO POR LA PASARELA DE CECA e premer o botón de PAGAR CON TARJETA
Se o pago quere realizarse presencialmente nas dependencias da Tesourería do Concello de Marín, deberá ser en horario de 9:00 a 14:00 horas entre os días 1 e 11 de xuño, para o queRecibidas máis de 170 solicitudes para optar a unha praza nos campamentos de conciliación de verán do Concello debe solicitar cita previa na sede electrónica do Concello de Marín ou chamando ao número de teléfono 986 88 03 00.

Publicacións Relacionadas