Home A Paradanta A Cañiza Recollida de firmas recollidas polos comerciantes e empresarios da Rúa Antonio Facorro...

Recollida de firmas recollidas polos comerciantes e empresarios da Rúa Antonio Facorro da Cañiz

- Anuncio -

O pasado venres 02 de setembro, os comerciantes e empresarios da rúa Antonio Facorro ante a contratación do proxecto de Humanización da Rúa Antonio Facorro da Cañiza, presentaron no concello mais de 900 firmas nas que manifestaban que se conte co súas aportacións para levar a cabo o proxecto de humanización da Rúa.

Desde o momento que se coñeceu o proxecto presentado no se que se baseou a solicitude da subvención solicitada a Deputación, o rexeitamento foi total por parte de todos os comerciantes e empresarios da rúa Antonio Facorro, así como os das rúas lindeiras e contiguas, ata o punto que a presión exercida levou ao alcalde a realizar unha reunión o día 27 de xuño, no que explicou aos veciños da rúa Antonio Facorro que se empezaba de cero a redacción do proxecto agora coa empresa adxudicataria do contrato.

Na reunión mantida no salón de plenos, o alcalde comprometeuse a atender as peticións realizadas polos comerciantes, a iniciar o proxecto de cero reorganizando os espazos e realizar unha nova reunión para a exposición do proxecto final antes da súa aprobación definitiva, pero unha vez mais ante a actitude do alcalde todo parece indicar que non vai a facer caso os empresarios e comerciantes da zona.

Os empresarios e comerciantes manifestaron estar a favor da redacción dun proxecto de mellora da seguridade viaria e humanización da rúa na que se substitúan os servizos necesarios, que se humanice con beirarrúas mais anchas dotadas de novo mobiliario urbano, árbores e iluminación.
Dado que a rúa ten suficiente anchura entre fachadas e por outras moitas razóns, SOLICITAMOS ao concello que dito proxecto cumpra sempre coas seguintes premisas de maneira obrigatoria:

  1. Mantemento dos dous sentidos de circulación do trafico de vehículos.
  2. Mantemento das actuais zonas de aparcamento nos dous sentidos de circulación.
  3. Habilitación de mais zona de carga e descarga
  4. Habilitación de unha zona de parada do autobús escolar segura.
    A pesar das 900 sinaturas recollidas parece que o alcalde vai a seguir coa súa teima de facer un proxecto de humanización en contra dos intereses económicos e comerciais dos empresarios da Rúa.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas