HomeO MorrazoMarínRecta final para presentar os tickets na Oficina de Turismo e participar...

Recta final para presentar os tickets na Oficina de Turismo e participar no sorteo de 100 tarxetas regalo

- Anuncio -spot_img

O luns 18 será o sorteo e despois contactarase cos gañadores, que poderán recoller a súa tarxeta tamén na Oficina de Turismo nos días seguintes
O sábado será o último día para depositar os tickets de compra no comercio local para
poder entrar a participar no sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros posto en marcha
polo Concello para reactivar a economía local da vila.
O amplo prazo para participar neste sorteo permitiu tamén asumir todas as devolucións
que puideron derivar das festas do Nadal e o prazo para consumir or 50 euros estenderase
ata 27 de febrero, de tal xeito que permite reactivar o gasto directo na vila nun momento
tan complexo como o actual.
Estas tarxetas, tal e como se recolle nas bases do sorteo, que poden ser consultadas aquí,
poderán ser despois utilizadas en calquer establecemento da vila, a excepción dos
supermercados e das farmacias, considerados servizos esenciais que pudieron manter a
súa actividade durante o confinamento.
O luns 18 terá lugar o sorteo na Casa Consistorial ás 12.00 horas. Ao día seguinte
publicarase a lista cos nomes das persoas premiadas na páxina web, nas redes sociais e
no taboleiro de anuncios do Concello.
Ademais, as persoas agraciadas serán citadas telefonicamente para a recollida das
Tarxetas Regalo na Oficina de Turismo. Esta recollida terá que levarse a cabo entre o 20
e o 21 de xaneiro, en horario de 10.00 a 20.00 horas e aportando o DNI para cotexar os
datos.

Publicacións Relacionadas