A cidadanía poderá coñecer de primeira man as actuacións do proxecto e participar activamente na protección da biodiversidade urbana.
Os stands tamén servirán para recoller a opinión dos veciños sobre os ríos que lles rodean e fomentar hábitos respectuosos co medio ambiente.
O proxecto conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.
O proxecto RedeVerde Pontevedra presenta unha nova iniciativa para achegar á cidadanía a súa labor en materia de renaturalización urbana, biodiversidade e sensibilización ambiental. Durante tres días, o proxecto contará con stands informativos en distintos puntos da cidade, onde veciños e veciñas poderán coñecer de primeira man as actuacións previstas e participar en actividades divulgativas.
O obxectivo principal destas accións é informar á cidadanía sobre RedeVerde, dar a coñecer as futuras actividades do proxecto e, ao mesmo tempo, recoller información a través dunha enquisa promovida pola Fundación Biodiversidad. Esta enquisa permitirá recabar a percepción dos veciños sobre os ríos que lles rodean, a súa proximidade ás vivendas, os riscos de inundación e outras cuestións relacionadas coa xestión destes espazos naturais urbanos.
O martes 11 de novembro, os stands estarán presentes en dous puntos: de mañá, de 10:00 a 12:00 horas na Plaza da Constitución, e de tarde, de 16:00 a 18:00 horas no Parque María Vinyals.
O xoves 12 de novembro, a iniciativa trasladarase ao Paseo de Domingo Fontán, de 10:00 a 12:00 horas, e pola tarde á Plaza da Peregrina, de 16:00 a 18:00 horas.
O venres 13 de novembro, os stands volverán á Plaza da Constitución para atender á cidadanía durante a quenda de mañá, de 10:00 a 12:00 horas.
Os stands medioambientais RedeVerde permitirán á cidadanía coñecer as actuacións de renaturalización e mellora da biodiversidade promovidas polo proxecto, informarse sobre as futuras actividades e rutas guiadas en espazos naturais da cidade, e participar na enquisa sobre a percepción dos ríos urbanos, achegando a súa experiencia e opinión sobre o seu coidado e xestión.
O proxecto é promovido polo Concello de Pontevedra, apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU e coa colaboración da Universidade da Coruña como entidade agregada.



