Home Pontevedra Redondela agarda que a Xunta recupera a Fundación Illa de San Simón

Redondela agarda que a Xunta recupera a Fundación Illa de San Simón

- Anuncio -

– O Concello solicitou hai cinco meses unha reunión co conselleiro de Cultura para tratar a situación da illa de San Simón. Ante o silencio da Xunta reiterouse esta solicitude en febreiro, sen obter resposta. O obxectivo do goberno de Rivas é recuperar a Fundación Illa de San Simón para facer un seguimento das actuacións na illa, das súas necesidades e a programación de actos, entre outras cuestións.

-Actualmente a illa forma parte da Fundación Museo do Mar de Galicia. O Concello critica que a Xunta de Galicia non convidou ao consistorio redondelán a participar nin a colaborar neste organismo, o que considera “unha discriminación inxusta e inxustificable cara a veciñanza de Redondela”.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, solicitou hai cinco meses, o 3 de outubro de 2024, unha reunión co conselleiro de Cultura, José López Campos, para tratar a situación da illa de San Simón. A día de hoxe aínda non obtivo resposta. Ante o silencio da Xunta de Galicia, desde o Concello de Redondela reiterouse esta solicitude o pasado 12 de febreiro, e seguen á espera. Rivas insiste na necesidade de manter un encontro con López Campos, de quen depende a Fundación Museo do Mar de Galicia, entidade encargada da xestión da illa de San Simón.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, pon en valor o traballo feito desde o Concello redondelán  “para manter e divulgar a memoria como un deber democrático”. Lembrou que durante a guerra civil a vila de Redondela viviu unha gran represión, co cárcere da illa de San Simón como un dos seus símbolos. Desde 1.986, “cando a illa era un lugar abandonado”, o Concello celebrou xornadas informativas, a recuperación de documentación, e máis recentemente co monumento aos fusilados no Alto da Concheira e a declaración de 2021 como ano das Mulleres de San Simón. Ante o claro compromiso do goberno redondelán coa defensa da memoria, a alcaldesa critica a decisión da Xunta de Galicia de modificar no 2022 os estatutos da Fundación Museo do Mar de Galicia. O cambio supuxo que a xestión da illa de San Simón se integrase nesta entidade. O Concello de Redondela “non foi convidado nin a participar nin a colaborar nin a integrarse. Solicitamos por escrito varias veces a nosa inclusión no Padroado. Non tivemos resposta.  Para nós é unha discriminación inxusta e inxustificable cara a veciñanza de Redondela. Seguimos reclamando o noso dereito a formar parte desta entidade e ter voz e voto nas súas decisións”, declarou a alcaldesa.

Rivas demanda a recuperación da Fundación Illa de San Simón, unha entidade “que debe facer seguimento do que sucede na illa, das súas necesidades cara ao futuro, do programa de actividades, dunha correcta sinalización e contextualización máis aló da exposición recollida na illa de Santo Antón”. A fundación foi eliminada na época da crise económica, “pero hoxe ese argumento non é válido fronte ás evidentes necesidades da illa e da súa xestión”, sinala a alcaldesa redondelá. Rivas aclarou que o Concello de Redondela “non está de acordo con converter a illa nun parque de atraccións nin en promover o lucro de empresas que explotan a nivel turístico o seu valor  talleres de ioga, xincanas ou noites de Samaín”.

Tanto colectivos como expertos en Memoria Democrática súmanse á demanda do Concello para a recuperación da Fundación Illa de San Simón. Coa declaración de San Simón como Lugar da Memoria Democrática, tal como anunciou o Ministerio de Política Territorial, a illa contará cun réxime de protección e usos compatibles, polo que “a recuperación da Fundación Illa de San Simón é máis necesaria ca nunca”.

A alcaldesa lamenta “o silencio” por parte da Xunta de Galicia neste asunto, e a súa falta de resposta nu tema “tan sensible” como a Memoria Democrática. Rivas advirte que non é a única cuestión pola que o Concello está á espera dunha reposta por parte da Xunta de Galicia. Lembra a rexedora que tamén agardan desde hai meses pola renovación do acordo para reabrir a exposición de Sargadelos na Casa da Torre. En canto ao transporte escolar, que depende exclusivamente da Xunta de Galicia, “estamos á espera dunha solución para o alumnado de bacharelato que vive nas parroquias, xa que de momento é o Concello o que fai posible os traslados cun servizo de taxis”.

Relacionadas

Galitoon presenta este venres en Tui “Facendo o indio”

0
Será ás 19 h no Teatro Municipal. As entradas están á venda en tui.gal “Facendo o indio” é o título do espectáculo, para público familiar,...

Tui lembra a figura de Manuel Lago González, o arcebispo poeta

0
Un acto da Real Academia Galega e un ciclo de actividades centran esta homenaxe O vindeiro martes, 18 de marzo, cúmprese o centenario do falecemento...

12.000€ en premios e alta participación no Entroido do concello de Ponteareas

0
O Concello de Ponteareas fai un balance positivo do Entroido 2025 con rúas e prazas ateigadas de veciñas e veciños, un bo número de...

Luis López asiste ao acto de reacreditación do Hospital do Salnés como centro IHAN...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asistiu este mércores en Vilagarcía ao acto de reacreditación do Hospital do Salnés como centro IHAN,...

O Concello de Ponteareas lanza a segunda das residencias de Artistea que traballará as...

0
Dende hoxe mércores día 5 de marzo e ata o vindeiro luns día 10 de marzo estará aberto o prazo para presentar solicitudes O Concello...

O Entroido de Cobres presenta o seu Himno inspirado na Oliveira dos Cen Anos

0
A Asociación Cultural Cobres e o Concello agradecen o apoio e colaboración de C. Tangana, Little Spain e do RC Celta O Entroido de Cobres...

Publicacións Relacionadas